Julia Buján Varela
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Agolada, España ![]() |
Decana Faculty of Medicine and Health Sciences (University of Alcalá) (en) ![]() | |
2010 – 2014 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina ![]() |
Ocupación | investigadora, profesora universitaria, médica, cátedra universitaria ![]() |
Empregador | Universidade de Alcalá ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
María Julia Araceli Buján Varela, nada en Agolada en 1952,[1] é unha médica galega, catedrática da Universidade de Alcalá.[2]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela, logo de ser vetada por ser muller na Mariña Mercante na Coruña. A familia trasladouse a Madrid e licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1973 e en Medicina e Cirurxía (UCM, 1977), doutorouse en Medicina e Cirurxía con Premio Extraordinario na Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1981.[3] Foi profesora adxunta de Histoloxía e Embrioloxía Xeral dende 1982 na Facultade de Medicina da Universidade de Alcalá, profesora extraordinaria do Instituto de Criminoloxía da Facultade de Dereito da Universidade Complutense (1977-2000). En 2004 obtivo a Cátedra de Histoloxía e Enxeñería Tisular na Universidade de Alcalá. Foi directora do Departamento de Especialidades Médicas (2004-2007) e decana da Facultade de Medicina (2010-2012), decana da Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde e das relacións coas Institucións Sanitarias dende 2015.[3]
A súa produción científica comprende 55 proxectos de investigación científica e innovación docente, 8 contratos, 208 artigos,[4] máis de 30 teses de doutoramento dirixidas, 31 premios de investigación e 5 patentes.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Académica Correspondente Nacional da Real Academia Nacional de Medicina dende 2011.[5]
- Académica de Honra da Academia de Historia da Estomatoloxía e Odontoloxía[6]
- Cruz do Mérito Militar con distintivo Branco
- Medalla de prata da Universidade de Alcalá
- Encomenda da Orde Civil de Afonso X o Sabio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez, Laura (8 de agosto de 2009). "Puedo dedicarme a la biología, pero desde el interior de la medicina". Faro de Vigo. Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "M. Julia Buján Varela". Universidad de Alcalá de Henares (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-28.
- ↑ 3,0 3,1 "Delegada del Rector para Asuntos Sanitarios". Universidad de Alcalá de Henares (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2021. Consultado o 2021-09-28.
- ↑ "Julia bujan". ORCID. Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ "Ilma. Sra. Dª. María Julia Araceli Buján Varela". Real Academia Nacional de Medicina de España. Consultado o 2021-09-28.
- ↑ "22 nuevos miembros en la Academia Española de Historia de la Estomatología". iSanidad. 2013-09-30. Consultado o 2021-09-28.