Julio Ángel Fernández
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1946 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Uruguai ![]() |
Educación | Universidade da República - astronomía (valor descoñecido–1974) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Universo ![]() |
Ocupación | astrónomo , profesor universitario ![]() |
Empregador | Facultad de Ciencias (Universidad de la República) (en) ![]() Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación (Universidad de la República) (en) ![]() Universidade Federal do Río de Xaneiro. Observatório do Valongo (pt) ![]() Max Planck Institute for Nuclear Physics (en) ![]() Instituto Max Planck para Pesquisa do Sistema Solar (pt) ![]() Observatório Astronômico Nacional da Espanha (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa ![]() |
Premios
|
Julio Ángel Fernández Alves, nado en Montevideo o 5 de abril de 1946, é un astrónomo uruguaio. Ensina na Universidade da República de Montevideo, no Uruguai, da que foi decano cinco anos (entre 2005 e 2010).[1] Entre os seus méritos está o de renovar o ensino da astronomía no Uruguai.[2] É membro do PEDECIBA, (o programa para o desenvolvemento das ciencias básicas do Uruguai),[3] e da Sociedade Uruguaia de Astronomía.[4]
Contribucións científicas[editar | editar a fonte]
Cinto de Kuiper[editar | editar a fonte]
No artigo "On the existence of a comet belt beyond Neptune" (Sobre a existencia dun cinto de cometas máis alá de Neptuno) de 1980, Fernández observou que a frecuencia das cometas de curto período no sistema solar interno era demasiado elevada para que procedesen directamente da Nube de Oort; ao mesmo tempo, suxeriu que o dato podería explicarse se existise un cinto de obxectos xeados máis alá da órbita de Neptuno, a unha distancia comprendida entre as 35 e as 50 UA do Sol.[5] Estas previsións foron confirmadas posteriormente e levaron ao descubrimento do Cinto de Kuiper.[6][7] Fernández publicou numerosos traballos sobre os obxectos transneptunianos.
Definición de planeta[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Opening_Ceremony_IAU2006GA.jpg/220px-Opening_Ceremony_IAU2006GA.jpg)
En 2006, Fernández participou na XXVI Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU), en Praga, que promulgou a nova definición de planeta. O descubrimento de numerosos obxectos transneptunianos similares a Plutón fixo necesaria unha nova definición. En outubro de 2005, un grupo da IAU definiu tres criterios principais para a nova definición de planeta: o criterio cultural, o criterio estrutural e o criterio dinámico.[8][9] A proposta final presentada á asemblea o 24 de agosto, incluía moitos dos puntos propostos por Fernández, e levou á creación da nova categoría dos planetas ananos, á que foi asignado Plutón.[10][11]
Homenaxes[editar | editar a fonte]
O asteroide 5996 Julioangel, descuberto por Edward Bowell en 1983, foi nomeado así na súa honra.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Instituto de Física Facultad de Ciencias" (en castelán). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ 2,0 2,1 John Davies (2001). Cambridge University Press, ed. Beyond Pluto: Exploring the Outer Limits of the Solar System (en inglés). p. 215. ISBN 978-1-139-42877-4.
- ↑ www.areaw3.com, AreaW3-. "Programa de Desarrollo de las Ciencias Básicas (PEDECIBA)". PEDECEIBA (en castelán). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ "Integrantes". www.astronomia.edu.uy. Consultado o 2024-06-16.
- ↑ J. A. Fernández (1980). "On the existence of a comet belt beyond Neptune". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society (en inglés) 192: 481–491. Consultado o 26 setembro 2015.
- ↑ Duncan, M.; Quinn, T.; Tremaine, S. (1988-05-01). "The Origin of Short-Period Comets". The Astrophysical Journal 328: L69. ISSN 0004-637X. doi:10.1086/185162.
- ↑ David Jewitt. University of Hawaii, ed. "Why "Kuiper" Belt?" (en inglés). Consultado o 26 setembro 2015.
- ↑ (en inglés) Stephen Eales, Prospect, pp.31-34 (maio 2007)
- ↑ Ken Croswell (2006). "The Tenth Planet's First Anniversary" (en inglés). Consultado o 24 setembro 2015.
- ↑ published, Robert Roy Britt (2006-08-19). "Details Emerge on Plan to Demote Pluto". Space.com (en inglés). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ (en inglés) International Astronomical Union, ed. (24 agosto 2006). "Definition of a Planet in the Solar System: Resolutions 5 and 6" (PDF). IAU 2006 General Assembly. Consultado o 28 setembro 2015.