Saltar ao contido

Julio Antonio Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matito
Información persoal
Nome Julio Antonio Mato Pazos
Nacemento 2 de maio de 1937
Lugar de nacemento Barro
Falecemento 25 de agosto de 2023
Lugar de falecemento Noia
Altura 1,74 m.
Carreira xuvenil
Salesianos
Noia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1955–1956 Arenal
1956–1960 Club Santiago
1960–1961 Ourense 42 (8)
1961–1964 Betis 8 (0)
1964 Oviedo 12 (0)
1964–1965 Atlético de Madrid 0 (0)
1964–1965 Elche 3 (1)
1965–1968 Compostela
1974–1978 Noia
Adestrador
1973 Noia
1978–1980 Noia
1981 Noia
1985–1986 Noia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Julio Antonio Mato Pazos, nado en Barro (Noia), o 2 de maio de 1937 e finado en Noia o 25 de agosto de 2023,[1] foi un exfutbolista galego coñecido como Matito. Xogaba como dianteiro e chegou a actuar en varios equipos da Primeira División. Militou entre outros no Ourense, no Betis, no Oviedo e no Compostela, e deixou o fútbol federado en 2014, aos 77 anos de idade, despois de varias décadas xogando na categoría de veteranos.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no colexio dos Salesianos e no Noia,[3][4] pasando logo ao Arenal de Santiago, onde xogaba de interior, chegando a xogar unha fase de ascenso a Terceira División.[5] As súas boas actuacións chamaron a atención de varios equipos, entre eles o Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Indautxu.[6][7] En maio de 1956 disputou co Deportivo da Coruña un amigable en Vilagarcía de Arousa contra unha combinación de xogadores e exxogadores do Arousa, partido no que tamén xogou coa camiseta do club coruñés Veloso, dianteiro do Club Santiago.[8] Con todo, rexeitou todas as ofertas para poder continuar os seus estudos en Compostela, e en outubro asinou co Club Santiago, co que debutou nun partido contra o Xuvenil en Riazor.[9][10]

En xaneiro de 1960 converteuse en novo xogador do Ourense, que militaba na Segunda División.[11] Debutou na categoría de prata nunha vitoria por 3-0 sobre o Sporting de Gijón, e acabou a tempada no terceiro posto da táboa. Marcou dous goles na Copa do Xeneralísimo dese ano, o primeiro deles na vitoria por 5-3 sobre o Rayo Vallecano, e o segundo contra o Espanyol, equipo da Primeira División ao que o Ourense eliminou nos dezaseisavos de final. Na tempada 1960/61 marcou 8 goles en 29 partidos, rematando o equipo na cuarta praza.

En 1961 fichou polo Betis de Ferdinand Daučík, co que debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 1961/62 contra o Racing de Santander no Benito Villamarín. Militou durante tres tempadas no club andaluz, disputando un total de 10 encontros oficiais.

En febreiro de 1964 foi cedido ao Real Oviedo, que ocupaba as derradeiras prazas da Primeira división.[12][13] Foi unha petición do novo adestrador, o galego Eduardo Toba, que pediu tamén os reforzos de Arsenio e Jaime Blanco.[14] Debutou na xornada 21 fronte ao Murcia, e foi titular nos restantes partidos da competición. O equipo conseguiu saír dos postos de descenso directo nos que levaba metido varias xornadas e acabou clasificado para xogar a fase pola permanencia. Finalmente conseguiu manterse na máxima categoría ao derrotar ao Hércules por un global de 4-2.[15]

En 1964 fichou polo Atlético de Madrid, que o cedeu ao Elche, onde xogou só tres partidos oficiais. No seu último partido en Primeira marcou o seu único gol na categoría, precisamente contra o seu antigo equipo, o Betis.[16] Ao remate da tempada, con 27 anos e cansados da suplencias,[17] deixou o fútbol profesional e regresou a Galicia.[3] Asinou entón coa SD Compostela, club no que militou durante tres tempadas na Terceira División, ata 1968.[3]

Na década de 1970 xogou varias tempadas no Noia, ata os 41 anos, e foi adestrador do equipo en varias etapas. A continuación continuou xogando ao fútbol na categoría de veteranos, militando ata os 77 anos no Metal Noia da súa vila natal.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2018, na súa honra, o Estadio Municipal de San Lázaro de Noia pasou a chamarse Estadio Municipal Julio Mato.[18]

  1. "El fútbol llora la pérdida de la leyenda noiesa Julio Mato, Matito" (en castelán). 26/08/2023. Consultado o 26/08/2023. 
  2. Gómez, Marta (4 de setembro de 2014). "Pachanga de homenaje a Matito, futbolista de Guinness". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Pérez, Uxía; X. B., M. (14 de xullo de 2019). "Julio Mato, Matito: Un deportista de Primera y un eterno veterano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  4. "Futbol". La Noche (en castelán) (10369). 25 de maio de 1954. p. 4. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  5. "El partido Arenal-Ordenes visto por Lusapi". La Noche (en castelán) (10766). 15 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  6. "El arenalista Matito y sus pruebas en el Celta y el Deportivo". El Correo Gallego (en castelán). 7 de abril de 1956. p. 6. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  7. "Matito a Bilbao". La Noche (en castelán) (10962). 2 de maio de 1956. p. 2. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  8. "Ayer jugó el Deportivo en Villagarcía". La Noche (en castelán) (10980). 23 de maio de 1956. p. 2. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  9. "Matito fichará hoy por el Santiago". El Correo Gallego (en castelán) (25820). 18 de outubro de 1956. p. 6. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  10. "Matito debutará esta tarde en las filas compostelanas". El Correo Gallego (en castelán) (25823). 21 de outubro de 1956. p. 7. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  11. "Matito ya es jugador del Orense". El Pueblo Gallego (en castelán) (11909). 8 de xaneiro de 1960. p. 4. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  12. "Arsenio y Jaime Blanco piensan en la promoción". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de maio de 1964. p. 5. 
  13. "Arsenio no fue al Oviedo en calidad de cedido". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de febreiro de 1964. p. 6. 
  14. Leirachá, Vicente (26 de outubro de 2012). "El miedo es libre; nadie sabe nada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  15. "Oviedo, 4 - Hércules, 1". La Noche (en castelán). 8 de xuño de 1964. p. 5. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  16. Alfil (9 de marzo de 1965). ""Prima" doble para el Elche". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 15. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  17. "El Compostela gestiona el fichaje de Matito". La Noche (en castelán) (13665). 17 de setembro de 1965. p. 9. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  18. Sevilla, Álvaro (25 de agosto de 2018). "Noia rendirá homenaje a Matito". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2022.