Julio Casal Muñoz
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1917 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 1971 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta ![]() |
Xénero artístico | Narración, ensaio e poesía ![]() |
Familia | |
Pai | Julio José Casal ![]() |
Irmáns | Selva Casal Marynés Casal Muñoz Rafael Casal Muñoz ![]() |
![]() |
Julio Casal Muñoz, nado na Coruña en maio de 1917 e finado en Montevideo en 1971, foi un escritor uruguaio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do poeta Julio José Casal e María Concepción Muñoz, naceu na Coruña en maio de 1917,[1] onde Casal desempeñaba un cargo diplomático.[2] Estudou o bacharelato no liceo José Enrique Rodó, e comezou a carreira de medicina na Universidade da República que non abandonou para dedicarse á docencia.[3] Foi profesor de psicoloxía e filosofía na ensinanza superior. Formou parte dos consellos directivos do Centro Proteo de Estudios Libres e do centro literario-filosófico Arca del Sur.[4]
Publicou textos en xornais uruguaios e na revista Alfar co pseudónimo Heráclito. Foi director da Biblioteca Publicitaria de Alfar. Foi premiado polo Ministerio de Educación e Cultura do Uruguai polas súas obras La expresión inmóvil (1946) e Ser y muerte (1950).[4]
Foi recoñecido por institucións e academias de Europa e América, e recibiu o título de Doutor en letras, en filosofía e honoris causa polos seus traballos filosóficos e literarios.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Esta lista xérase a partir de datos incluídos en Wikidata e actualízase periodicamente mediante un bot.
As edicións feitas na zona da listaxe serán eliminadas na seguinte actualización!
Wikidata | Nome | Data de publicación | Texto completo |
---|---|---|---|
Q63457115 | La expresión inmóvil | 1946 | http://autores.uy/obra/15647 |
Q63463314 | Filosofía griega | 1948 | http://autores.uy/obra/15712 |
Q63463312 | Memoria viva | 1949 | |
Q63463316 | Filosofía cristiana | 1949 | |
Q63463634 | Ser y muerte | 1950 | http://autores.uy/obra/15673 |
Q63463632 | Poética de lo absoluto | 1952 | http://autores.uy/obra/15707 |
Q63465883 | Meditaciones y recuerdos | 1955 | http://autores.uy/obra/15705 |
Q63465885 | Trascendencia del pensamiento de Vaz Ferreira / Crísis del espíritu | 1955 | http://autores.uy/obra/15711 |
Q63465890 | Fundamentos filosóficos de la democracia | 1955 | http://autores.uy/obra/15646 |
Q63484413 | Heráclito y el pensamiento metafísico | 1958 | http://autores.uy/obra/15667 |
Q63484414 | Poemas del atardecer | 1963 | http://autores.uy/obra/15706 |
Q63484415 | Poemes du crepuscule | 1964 | |
Q63484416 | Marjal | 1965 | |
Q63484417 | La juventud y la crísis de los valores | 1970 | https://autores.uy/obra/15713 |
Q63484411 | El pensamiento social de Rousseau |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Irmán de Selva, Antonio e Marynés Casal Muñoz, que tamén se dedicaron a literatura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-5-1917, p. 5.
- ↑ 2,0 2,1 Casal Muñoz, Julio (1958). Heráclito y el pensamiento metafísico. p. solapa. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Casal Muñoz, Julio (1963). Poemas del atardecer. p. solapa. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Oreggioni, Alberto (2001). Nuevo diccionario de literatura uruguaya. Tomo 1. Ediciones Banda Oriental. p. 139.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio Casal Muñoz ![]() |