Julio Corcuera
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1926 (98 anos) Rosario, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Julio Corcuera Rabadán, nado en Rosario o 20 de marzo de 1926 e finado en maio de 2012, foi un futbolista arxentino.
Xogaba de dianteiro e formou xunto a Oswaldo, Franco, Tino e Moll a Orquestra Canaro, a mítica dianteira da primeira época dourada do Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de dous españois, de Burgos e Valladolid. Xogou en Rosario nos equipos Tiro Federal e Argentino, anotando na súa última tempada no segundo deles, 10 goles en 18 partidos.[1] Chegou a Galicia o 10 de agosto de 1950, xunto ao tamén rosarino Oswaldo García para xogar no Deportivo da Coruña, que viña de ser subcampión de liga na tempada anterior.[1] Xogou cinco anos no club coruñés e formou parte da mítica Orquestra Canaro, a dianteira formada por Oswaldo, Franco, Tino, Moll e o propio Corcuera.[2][3] Tras xogar cinco anos no equipo branquiazul, nos que marcou 29 goles, fichou polo Xerez, de Segunda División, co que anotou 18 goles en 27 partidos. Na tempada 1956/57 volveu á Primeira División no Real Jaén, co que só disputou tres partidos, pois en novembro de 1957 deixou o fútbol e regresou ao seu país para rexentar xunto a seu irmán un negocio de destilería de alcohol.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Oswaldo, Corcuera y Moll, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1950. p. 5.
- ↑ Leirachá, Vicente (6 de outubro de 2011). "Para goleadas, la Orquesta Canaro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ Fernández Caamaño, J.M. "La mítica Orquesta Canaro". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020.
- ↑ "Corcuera regresa a la Argentina". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 1957. p. 5.