Julio Parrilla
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1946 ![]() Ourense, España ![]() |
9º Bispo diocesano | |
12 de xaneiro de 2013 – 28 de abril de 2021 ← Victor Alejandro Corral Mantilla – José Bolivar Piedra Aguirre → Diocese: diocese de Riobamba | |
Bispo diocesano | |
18 de abril de 2008 – ← Hugolino Cerasuolo Stacey – Alfredo José Espinoza Mateus → Diocese: diocese de Loja ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2008–), sacerdote católico (1975–) ![]() |
Orde relixiosa | Sociedade de San Francisco de Sales ![]() |
Consagración | Giacomo Guido Ottonello ![]() |
![]() |
Julio Parrilla Díaz, nado en Ourense o 25 de marzo de 1946, é un bispo católico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na escola e no bacharelato en Ourense e en 1971 toma contacto co movemento católico Adsis. Licenciouse en filosofía pola Universidade Pontificia Salesiana de Roma, en teoloxía catequética pola Universidade Pontificia de Salamanca e de novo en filosofía pola de Valencia. Ordenouse sacerdote o 30 de marzo de 1975, en Salamanca.
En 1992 instalouse en Ecuador, na cidade de Portoviejo, e máis tarde, en 1998, trasladouse a Quito, onde traballou como párroco durante dez anos ata que o 18 de abril de 2008 foi nomeado bispo de Loja, en Ecuador polo papa Bieito XVI.
É secretario xeral do movemento Adsis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Discurso de Julio Parrilla en Cariamanga, Ecuador (YouTube).