Jumpseat
Jumpseat foi unha serie de satélites de recoñecemento para detección electrónica dos Estados Unidos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A finalidade dos satélites Jumpseat era, traballando conxuntamente cos satélites P-801, monitorizar a actividade dos radares soviéticos de alerta de mísiles mediante a detección das súas ondas electromagnéticas e interceptar comunicacións mediante microondas.[1][2]
Os satélites eran lanzados mediante foguetes Titan IIIB en órbitas altamente elípticas, tipo Molniya. Eran fabricados por Hughes usando o bus HS-318, tiñan unha masa duns 700 kg e estabilizábanse mediante xiro. As informacións apuntan a que usaban unha gran antena despregable desacoplada en xiro con respecto do resto do satélite. Foron sucedidos polos satélites da serie Trumpet.[1][2]
Lanzáronse un total de sete satélites Jumpseat, aínda que debido á súa natureza secreta hai dúbidas de se a partir do número cinco se trataban realmente de Jumpseat ou de satélites Quasar.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Jumpseat 1 | 21 de marzo de 1971 | Titan 3B Agena D | Éxito |
Jumpseat 2 | 16 de febreiro de 1972 | Titan 3B Agena D | Fallo |
Jumpseat 3 | 21 de agosto de 1973 | Titan 3B Agena D | Éxito |
Jumpseat 4 | 10 de marzo de 1975 | Titan 3B Agena D | Éxito |
Jumpseat 5 | 25 de febreiro de 1978 | Titan 3B Agena D | Éxito |
Jumpseat 6 | 24 de abril de 1981 | Titan 3B Agena D | Éxito |
Jumpseat 7 | 31 de xullo de 1983 | Titan 3B Agena D | Éxito |