Junior Bridgeman
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1953 (71 anos) East Chicago, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Washington High School (en) University of Louisville (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista , gastrónomo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1975 - 1987 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ulysses Lee "Junior" Bridgeman, nado o 17 de setembro de 1953 en East Chicago, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante doce tempadas na NBA. Con 1,96 metros de altura, a súa posición era a de escolta ou aleiro.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante 4 tempadas cos Cardinals da Universidade de Loiusville, cos que fixo 15,5 puntos e 7,5 rebotes por partido.[1]
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na oitava posición do Draft da NBA de 1975 por Los Angeles Lakers, mais foi inmediatamente traspasado a Milwaukee Bucks xunto a Brian Winters a cambio de Kareem Abdul-Jabbar, onde militou durante nove tempadas consecutivas, promediando dobres díxitos en oito das mesmas. A súa mellor tempada foi a 1979-80, cando fixo 17,6 puntos e 3,7 rebotes por partido. En 1984 fichou por Los Angeles Clippers, onde xogou durante dúas tempadas aínda a un bo nivel.
Retirouse no seu equipo de toda a vida, os Bucks, aos 34 anos. Nas súas doce tempadas como profesional tivo unha media de 13,6 puntos e 3,5 rebotes por partido. A súa camiseta co número 2 foi retirada por Milwaukee como homenaxe.
Equipos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en nba.com/historical
- Estatísticas de Junior Bridgeman Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.