Saltar ao contido

Junkers Ju 52

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Junkers Ju 52
Ju 52 de Lufthansa
Tipotransporte
FabricanteJunkers
Deseñado porErnst Zindel
Primeiro voo13 de outubro de 1930
Principais usuariosLuftwaffe
Produción1931–1945 (Alemaña)
1945–1947 (Francia)
1945–1952 (España)
Unidades construídas4.845

O Junkers Ju 52, alcumado Tante Ju ("Tía Ju") e Eisen Annie ("Annie de ferro"), é un avión de transporte alemán fabricado entre 1932 e 1945 pola compañía Junkers. Tivo tanto uso militar como civil durante os anos 30 e 40. Como avión civil foi usado por 12 aeroliñas, incluídas Swissair e Lufthansa, como avión de pasaxeiros e transporte. No seu rol militar voou coa Luftwaffe como transporte de tropas e de carga e brevemente como bombardeiro medio. O Ju 52 continuou en servizo despois da segunda guerra mundial ata ben entrados os anos 80.