Saltar ao contido

Justo González Ballesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJusto González Ballesta
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1951 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Mos
1991 – setembro de 1997 (dimisión)
Alcalde de Mos
outubro de 1986 – maio de 1989 (moción de censura) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Justo José González Ballesta, nado en Lugo o 9 de outubro de 1951, é un médico e político galego do PPdeG

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializado en Medicina de Empresa, Familiar e Comunitaria e Xestión e Administración Sanitaria. Foi elixido concelleiro de Mos por AP nas municipais de 1983 e nomeado primeiro tenente de alcalde. Trala morte do alcalde Olegario Rodríguez Pérez en outubro de 1986 foi elixido novo rexedor. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde por maioría simple e posteriormente estableceu un pacto de goberno co PNG de Ramón Alonso Fernández. Nese mandato foi designado deputado provincial. Porén, trala ruptura do acordo de goberno foi despoxado da alcaldía en maio de 1989 mediante unha moción de censura encabezada por Ramón Alonso. Este remataría por achegarse de novo ós populares e nas municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG encabezada por Ballesta, o cal recuperou a alcaldía con maioría absoluta. En 1995 revalidou a alcaldía, de novo con maioría absoluta. Era o home de Xosé Cuíña na zona.[1] Foi director provincial do Sergas en Pontevedra de 1991 a 1993, e delegado da Consellería de Política Territorial entre 1993 e 1995. Foi secretario provincial de Organización e secretario xeral do PPdeG da provincia de Pontevedra entre 1990 e 1999. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997, polo cal renunciou á alcaldía no mes de setembro. É presidente do Club Náutico de Vigo dende 2016.[2]


Predecesor:
Olegario Rodríguez Pérez
 
Alcalde de Mos
 
1986 - 1989
Sucesor:
Ramón Alonso Fernández
Predecesor:
Ramón Alonso Fernández
 
Alcalde de Mos
 
1991 - 1997
Sucesor:
Ramón Alonso Fernández


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]