KOMPSAT
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/KOMPSAT-3A.jpg/220px-KOMPSAT-3A.jpg)
KOMPSAT (Korean Multi-purpose Satellite), tamén denominados Arirang, é unha familia de satélites artificiais multipropósito de Corea do Sur.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites KOMPSAT son satélites adicados á observación terrestre tanto de maneira óptica como mediante radar para o estudo da Terra, o descubrimento e xestión de recursos, o levantamento de cartografía e a axuda en emerxencias.[1]
KOMPSAT 1 (Arirang 1)
[editar | editar a fonte]O primeiro KOMPSAT foi desenvolvido por KARI (Korean Aerospace Research Industry) e a empresa estadounidense TRW. Levaba a bordo tres instrumentos para, entre eles unha cámara para observar a superficie terrestre. O satélite tiña unha masa de 469 kg e foi lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus 2110 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita de 694 x 729 km. A misión de KOMPSAT 1 deuse por terminada o 31 de xaneiro de 2008, despois da perda de contacto co satélite.[2][1]
KOMPSAT 2 (Arirang 2)
[editar | editar a fonte]KOMPSAT 2 foi lanzado para obter imaxes de alta resolución cunha resolución de ata 1 m e crear mapas e modelos dixitais de elevación para prevención e xestión de riscos. Foi desenvolvido por KARI e Astrium e lanzado mediante un Rokot KM o 28 de xuño de 2006 desde o cosmódromo de Plesetsk. Tiña unha masa de 798 kg e foi enviado a unha órbita de 677 x 703 km.[3][1]
KOMPSAT 3 (Arirang 3)
[editar | editar a fonte]KOMPSAT 3, similar a KOMPSAT 2, foi lanzado o 17 de maio de 2012 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima a unha órbita de 535 x 552 km. Tamén foi desenvolvido por KARI e Astrium e tiña unha masa de 800 kg. Foi lanzado para tomar imaxes de alta resolución (ata 70 cm) no espectro visible.[4][1]
KOMPSAT 3A (Arirang 3A)
[editar | editar a fonte]A misión de KOMPSAT 3A era tomar imaxes de alta resolución no visible (50 cm de resolución) e no infravermello (5,4 m). Moi similar a KOMPSAT 3, foi desenvolvido por KARI e Astrium e tiña unha masa de 1100 kg. Foi lanzado o 25 de marzo de 2015 usando un foguete Dnepr desde a base aérea de Dombarovski.[5][1]
KOMPSAT 5 (Arirang 5)
[editar | editar a fonte]KOMPSAT 5 foi o primeiro satélite coreano en utilizar un radar de apertura sintética (SAR). O radar de KOMPSAT 5 funciona en banda X e pode observar tanto de día como de noite independentemente da meteoroloxía a nivel do solo cunha resolución de ata 1 metro. A súa misión é obter datos para alimentar sistemas de información xeográfica, facer monitorización dos océanos, xestión de terras, control de desastres e estudos ambientais. Foi lanzado o 22 de agosto de 2013 mediante un foguete Dnepr desde a Base Aérea de Dombarovskii.[6][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
---|---|---|---|
KOMPSAT 1 | 21 de decembro de 1999 | Taurus 2110 | Éxito |
KOMPSAT 2 | 28 de xullo de 2006 | Rokot KM | Éxito |
KOMPSAT 3 | 17 de maio de 2012 | H-IIA | Éxito |
KOMPSAT 5 | 22 de agosto de 2013 | Dnepr | Éxito |
KOMPSAT 3A | 25 de marzo de 2015 | Dnepr | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2020). "KOMPSAT" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KOMPSAT 1 (Arirang 1)" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KOMPSAT 2 (Arirang 2)" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KOMPSAT 3 (Arirang 3)" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KOMPSAT 3A (Arirang 3A)" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KOMPSAT 5 (Arirang 5)" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2020.