Saltar ao contido

Kale borroka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caixeiro automático queimado en Algorta (Getxo, Biscaia) en 2005

A expresión kale borroka (do éuscaro kale, 'rúa', e borroka, 'loita', 'pelexa') refírese aos actos de violencia na rúa en Euskadi, Navarra[1] e Iparralde por membros ou simpatizantes da esquerda abertzale, na súa maioría mozas e mozos, durante os anos 1990 e 2000.

As forzas de seguridade españolas tamén a teñen denominado «terrorismo de baixa intensidade».[2] Neste sentido, as e os seus participantes foron considerados, para os efectos legais, «elementos terroristas». Como tales, xa que logo, son competencia da Audiencia Nacional, que considera os actos de kale borroka como terrorismo.[3] Algúns dos participantes neste tipo de guerrilla urbana acabaron formando parte de Euskadi Ta Askatasuna (ETA), o que supuxo un aumento das penas destas accións.[4]

Pola súa banda, a esquerda abertzale ten negado a existencia de grupos organizados. Atribuíron estas accións a cuadrillas espontáneas que realizaban protestas antisistema e desvinculáronse destes grupos.[5]

Aparición

[editar | editar a fonte]

A violencia na rúa como parte das manifestacións da esquerda abertzale comezou na década de 1970 como protesta contra o sistema político, social e económico. Nos inicios actuaban como grupos moi organizados.[6] Tras o período coñecido como Transición, algúns simpatizantes do chamado Movemento de Liberación Nacional Vasco adoptaron a «violencia na rúa» como método de presión.[7]

Segundo a xornalista Carmen Gurruchaga, «esta actividade violenta foi unha proposta do antigo jefe do aparello político de ETA, José Luis Álvarez Santacristina, Txelis. Pretendía ocupar un espazo que non podían cubrir os comandos legais e ilegais. Tratábase de que estas mozas e mozos, de ser posíbel menores de idade e sen vinculación orgánica con ETA, cometesen pequenas accións violentas sen consecuencias xudiciais, mais que provocasen desestabilización social».[8]

Auxe e transformación

[editar | editar a fonte]
Colectores queimados en Donostia (2006).

Na década de 1990 os medios de comunicación comezan a denominar estas manifestacións como «kale borroka».

Algúns medios asociaron a caída da cúpula de ETA en Bidarte o 29 de marzo de 1992 co auxe organizado da «loita de rúa».[9] Nesta década deuse un grande incremento das accións de kale borroka, dos 86 casos en 1990 aos 1262 en 1996.[9][10]

Segundo fontes policiais españolas, a partir de 1992 a estrutura estaría formada polos chamados «grupos Y» e «grupos X». Estes estarían coordinados por un responsable e, á súa vez, pola propia ETA.[11] Máis tarde, a kale borroka deixou de ocupar o lugar que se lle adxudicou na súa creación. A intensidade da violencia nas rúas crecera máis do desexado, polo que moitos dos seus membros acabaron na cadea ou fichados pola policía.[8]

Sede do PSE-EE no barrio bilbaíno de San Francisco, atacada con pintura en 2006.

A kale borroka experimentou un continuo declive durante a primeira década do século XXI.[10] Tras declarar ETA unha tregua en marzo de 2006, os ataques diminuíron. Pouco despois reiniciáronse, mais non chegaron ao nivel da década de 1990.[12][13] Entre as causas dese descenso, adóitase citar:[14][15]

  • O labor policial e o incremento das penas por participar na kale borroka.
  • As expectativas suscitadas polo proceso de paz.
  • A falta de apoio social a estas accións.

Tras o cesamento definitivo da violencia anunciado en 2011, a violencia na rúa desapareceu. Porén, desde ese momento aínda se produciron algúns ataques. Aparentemente foron levados a cabo por membros da esquerda abertzale críticos co fin do terrorismo.[16][17]

Medios e obxectivos

[editar | editar a fonte]
Un autobús queimado en Donostia en 2005.

Entre as accións máis comúns atopábanse: [18][19][20]

  • O lanzamento de obxectos (lastros, pedras ou cócteles molotov) contra vehículos públicos e privados para utilizalos como barricadas.
  • Os ataques a sedes políticas e edificios institucionais como xulgados, oficinas de Correos ou estacións de tren.
  • Os ataques a cargos electos de ideoloxía contraria, principalmente PP, PSOE e PNV.
  • O derramo de mobiliario urbano, como cabinas de teléfono ou papeleiras.
  • As pintadas e o deslucimiento de inmobles.

Unha das campañas de acoso con maior repercusión e maior continuidade no tempo foi en contra da autovía de Leitzaran, entre 1990 e 1992.[21]

Oposición

[editar | editar a fonte]

A maioría dos partidos políticos condenaron publicamente a kale borroka. Algúns sectores da esquerda abertzale, como Aralar, rexeitaron sempre estes métodos.[22] Desde a súa creación, o partido da esquerda abertzale Sortu tamén os rexeitou.

  1. "La 'kale borroka' se intensifica a raíz de la segunda muerte de un preso en una semana". El Diario Vasco (en castelán). 2006-03-04. Consultado o 2022-11-21. 
  2. «La kale borroka y la estrategia de ETA», Centro de Análisis y Prospectiva de la Guardia Civil.
  3. "El castigo a los vándalos se equiparará al terrorismo". La Vanguardia (en castelán). 2012-03-31. Consultado o 2022-11-21. 
  4. "Los arrestados tienen historiales delictivos y ninguno supera los 27 años". web.archive.org. 2009-03-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 2022-11-21. 
  5. «La izquierda abertzale se desvincula de la "kale borroka" e insiste en la vía política», Noticias de Navarra, 19 de agosto de 2010. Consultado el 6 de decembro de 2012. Arquivado 22 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
  6. "El Gobierno vasco afirma que la kale borroka "no aporta nada positivo" al proceso de paz". El Correo (en castelán). 2006-09-13. Consultado o 2022-11-21. 
  7. «ETA se planteó aparcar la 'kale borroka' para evitar más detenciones Arquivado 31 de outubro de 2014 en Wayback Machine.», La Vanguardia. Consultado o 6 de decembro de 2012.
  8. 8,0 8,1 "El auge de la violencia callejera obedece a las tensiones internas". www.elmundo.es. Consultado o 2022-11-21. 
  9. 9,0 9,1 "Un total de 65 miembros de Jarrai han sido detenidos en los últimos tres años por vinculación con ETA". El País (en castelán). 1992-11-24. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-11-21. 
  10. 10,0 10,1 "La kale borroka alcanza su mínimo histórico". Diario de Noticias de Álava (en castelán). 2011-08-17. Consultado o 2022-11-21. 
  11. «Juicios a presuntos miembros de grupos de apoyo a ETA», Terra, 12 de marzo de 2010.
  12. "El entorno familiar predispone a los menores de la «kale borroka» a cometer acciones terroristas". abc (en castelán). 2003-12-22. Consultado o 2022-11-21. 
  13. "A fuego lento". web.archive.org. 2009-03-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2009. Consultado o 2022-11-21. 
  14. "ETA exige «certificado» de sentencia condenatoria para ingresar en la banda". abc (en castelán). 2003-08-25. Consultado o 2022-11-21. 
  15. «Las acciones de "kale borroka" se dispararon en mayo tras cuatro meses de descenso[Ligazón morta]», Diario de Navarra, 2 de xuño de 2003. Consultado o 6 de decembro de 2012.
  16. "Un grupo anónimo se atribuye la quema de autobuses en Derio y critica a la «izquierda abertzale»". abc (en castelán). 2015-11-04. Consultado o 2022-11-21. 
  17. "Violentos ‘abertzales’ atacan la casa de la líder vasca del PSOE por el preso etarra Patxi Ruiz" (en castelán). 19 de maio de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  18. "Radicales lanzan cócteles molotov contra tres cajeros y un juzgado de paz en Vizcaya". www.elmundo.es. Consultado o 2022-11-21. 
  19. "Dadas de alta las dos personas heridas tras la explosión en un cajero de Vitoria". El Comercio (en castelán). 2006-02-26. Consultado o 2022-11-21. 
  20. «Kale borroka fallida contra un cajero en Pamplona», Periodista Digital, 31 de decembro de 2006.
  21. "La estrategia Leizaran El Correo". www.elcorreo.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2018. Consultado o 2022-11-21. 
  22. «Los partidos condenan los ataques de kale borroka en Vizcaya y Álava», Diario Vasco, 26 de outubro de 2008. Consultado o 6 de decembro de 2012