Kaley Cuoco
Aparencia
Kaley Christine Cuoco, nada en Camarillo o 30 de novembro de 1985, é unha actriz estadounidense. É coñecida por interpretar a Bridget Hennessy na serie da ABC 8 Simple Rules (2002–2005), a Billie Jenkins na derradeira tempada de Charmed (2005–2006) e a Penny na comedia da CBS The Big Bang Theory (2007–presente) polo cal gañou un premio Satellite no 2012. Cuoco tamén apareceu en filmes como To Be Fat like Me (2007), Hop (2011) e Authors Anonymous (2014). En outubro de 2014, Cuoco foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lombardi, Ken (30 de outubro de 2014). CBS News, ed. "Kaley Cuoco-Sweeting gets emotional over Hollywood Walk of Fame star". Consultado o 3 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaley Cuoco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kaley Cuoco na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)