Kalpana Chawla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1962 Karnal, India |
Morte | 1 de febreiro de 2003 (40 anos) Texas, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental |
Lugar de sepultura | Parque Nacional de Zion (pt) Cemiterio Nacional de Arlington |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Colorado en Boulder - enxeñaría aeroespacial (–1988) Universidade de Colorado en Boulder - Mestrado (–1986) University of Texas at Arlington (en) - enxeñaría aeroespacial (1982–1984) Tagore Baal Niketan Sr. Sec. School, Karnal (en) (–1976) Punjab Engineering College (en) - Aeronáutica |
Actividade | |
Campo de traballo | Fluidodinâmica computacional (pt) |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, astronauta, radioafeccionada |
Empregador | NASA, astronauta (1995–) Overset Methods, Inc. (en) , Vicepresidente (1993–) NASA Ames Research Center (pt) , investigadora (1988–) |
Tempo no espazo | 31 días, 14 horas e 54 minutos |
Misión do astronauta | |
Cronoloxía | |
1 de febreiro de 2003 | Accidente do transbordador espacial Columbia |
Premios | |
Kalpana Chawla foi unha astronauta estadounidense nada en Karnal (India) e que formou parte das misións STS-87 e STS-107, na que faleceu xunto co resto da tripulación. Pasou un total de 31,62 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chawla naceu o 1 de xullo de 1961 en Karnal, India. Era graduada en enxeñería aeronáutica pola Facultade de enxeñería do Punjab en 1982 e máster en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Texas en 1984, disciplina da que se doutorou pola Universidade de Colorado en 1988.[1][2]
Foi seleccionada pola NASA en decembro de 1994 e tras varios postos dentro da NASA participou na súa primeira misión, a STS-87, en 1997. Chawla faleceu xunto co resto da tripulación á volta da súa segunda misión, a STS-107, na que o transbordador espacial Columbia desintegrouse durante a súa reentrada atmosférica.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O asteroide 51826 Kalpanachwla e o cráter da Lúa Chawla recibiron estes nomes na súa honra.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "KALPANA CHAWLA (PH.D.) - NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chawla, Kalpana" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ Altschuler e Ballesteros (2016)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kalpana Chawla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
- Schatz, Kate. Mujeres radicales del mundo : artistas, atletas, piratas, punks y otras revolucionarias del mundo que han hecho historia. ISBN 978-84-948086-2-3,