Saltar ao contido

Kaltham Jaber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKaltham Jaber
Biografía
Nacemento(en) Kaltham Jaber Al-Kuwari Editar o valor en Wikidata
1958 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Doha, Qatar Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Helwan (pt) Traducir
Universidade do Cairo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora universitaria, poetisa Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Qatar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata


Kaltham Jaber Al-Kuwari (árabe: كلثم جبر), nada en Doha en 1958, é unha profesora e escritora qatarí.[1]. Considerada pioneira no seu país,[2] en 1978 foi a primeira muller do seu país en publicar un libro de ficción co seu primeiro libro de relatos.[3][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla do poeta qatarí Jaber bin Mohammed Al-Kuwari.[4]. En 1992 rematou un mestrado en Traballo Social pola Universidade Helwan, e doutorouse en 1997 pola Universidade do Cairo.[5] É profesora no departamento de Ciencias Sociais da Universidade de Qatar.[6]

Empezou a publicar relatos a mediados da década de 1970 na revista Al-Oruba[5].[7] En 1978 publicou o libro de relatos Ania wa Ghabat as-Samt wa at-Taraddud. O tema principal é o desexo da muller qatarí de ter un rol na reestruturación das normas sociais e as percepcións culturais.[8]

En 1993 escribiu o relato The Face of An Arab Woman, que recibiu en 2001 o Premio á Creatividade do Club Social e Cultural Al Jasra.[5] En 1999 coescribiu un libro de relatos, principalmente dirixidos ao público infantil, co autor saudita Khalil Al-Fazie.[9]

En 1998 estivo entre a primeira xeración de directores do Consello Nacional de Cultura, Arte e Patrimonio de Quatar, a primeira axencia do goberno adicada a temática cultural no seu país.[10]

En 2015 publicou o libro The Life Cycle in the Qatari Society Tradition, editado por Qatar Museums.[11] O volume documenta a vida dun qatarí, baseándose en investigacións persoais e nun estudo a grande escala do Centro Folclórico dos Estados do Golfo Árabe de comezos da década de 1990. O libro inclúe numerosas ilustracións, e diversas facetas da cultura qatarí.[12]

En 2016 escribiu dous artigos no xornal qatarí Al Raya, avogando polos dereitos da muller e alegando que a desigualdade nos dereitos entre os dous xéneros no mundo árabe non vén do islam ou do Corán, senón do desexo dos homes de controlar as mulleres. Amais, propuxo unha maior lexislación para protexer os dereitos da muller.[13]

  1. "كلثم جبر - تفاصيل الشاعر". Foundation of Abdulaziz Saud Al-Babtain's Prize for Poetic Creativity (en árabe). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Abu Saud, Abeer (1984). Qatari Women: Past and Present. Longman Group United Kingdom. p. 161. ISBN 978-0582783720. 
  3. "ﻨﻈﻤﻬﺎ إدارة "اﻟﺒﺤﻮث واﻟﺪراﺳﺎت" ﻧﺪوة ﺛﻘﺎﻓﻴﺔ ﺗﻮﺛﻖ ﻟﻠﺴﺮد اﻟﻘﻄﺮي ﻧﻬﺎﻳﺔ أﻛﺘﻮﺑﺮ". pressreader.com (en ardata=14 de outubro de 2015). Al Sharq. Consultado o 23 de xullo 2017. 
  4. "قراءة في ديوان الشاعر جبر الكواري". Al Riyadh (en árabe). 14 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Sahlat Al Saad (28 de febreiro de 2013). "كلثم جبر: على المبدع أن يقتنص لحظة الإلهام ويستجيب لندائه" (en Arabic). Al Arab. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  6. "كلثم الكواري توقع "خدمة الفرد المرتكزة على الحل"". Al Watan (en árabe). 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2017. [Ligazón morta]
  7. Khaled Al-Haly (14 de agosto de 2004). "22 قصة قصيرة تمثل الاتجاهات الأدبية القطرية" (en árabe). Asharq Al-Awsat. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  8. Subayyil, ʻAbd al-ʻAzīz (1991). The Short Story in the Arabian Peninsula: Realistic Trends. Indiana University. p. 28. 
  9. "جديد الثقافة" (en árabe). Al Jazirah. 31 de xaneiro de 2000. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  10. "قرار أميري رقم (51) لسنة 1998 بتشكيل المجلس الوطني للثقافة والفنون والتراث (Emiri Decree no. 51 of 1998)". Al Meezan: Qatar Legal Portal (en árabe). 25 de novembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  11. "Qatar Museums Publication Catalogue - 2015" (PDF). Qatar Museums. p. 30. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  12. "كتاب جديد يوثق حياة الفرد في التراث القطري". Al Sharq (en árabe). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  13. "Qatari Writer Criticizes Status Of Women In Qatar And Arab World: The Koran Grants A Woman Rights That She Is Denied Due To Men's Desire To Control Her". The Middle East Media Research Institute. 23 de febreiro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2017.