Kanopus-V
Kanopus-V ou Kanopus-Vulkan é unha serie de satélites artificiais para observación terrestre de Rusia.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os Kanopus-V son satélites de observación remota cunha masa duns 473 kg construídos por NPP VNIIEM con cámaras de OAO Peleng para a axencia espacial rusa Roskosmos. A súa misión é monitorizar e controlar desastres naturais e humanos, levantar cartografía, detectar incendios forestais e contaminación, estudar fenómenos físicos relacionados coa predición de terremotos e controlar o uso de terras para agricultura e os recursos hídricos e costeiros.[1][2]
Os satélites Kanopus-V levan dous instrumentos a bordo:[1][2]
- Unha cámara pancromática (PSS, Panchromatic Imaging System) para monitorización medioambiental, da agricultura e dos bosques. Proporciona unha resolución de 2,5 m nunha banda de 20 km de longo para lonxitudes de onda entre 500 e 800 nanómetros.
- Unha cámara multiespectral (MSS, Multispectral Imaging System) para monitorizar superficies costeiras e terrestres e cubertas de xeo. Ten unha resolución de 12 m nunha banda de 20 km de longo en catro bandas espectrais: 500 a 600 nm, 600 a 700 nm, 700 a 800 nm e 800 a 900 nm.
Unha versión capaz de observar no infravermello é denominada Kanopus-V-IK e o satélite de observación terrestre belaruso BKA é basicamente unha copia dos Kanopus-V.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Kanopus-V 1 | 22 de xullo de 2012 | Soiuz FG Fregat | Éxito |
Kanopus-V 2 | N/A | N/A | Modificado e lanzado como Kanopus-V-IK 1. |
Kanopus-V 3 | 1 de febreiro de 2018 | Soiuz 2-1a Fregat | Éxito |
Kanopus-V 4 | 1 de febreiro de 2018 | Soiuz 2-1a Fregat | Éxito |
Kanopus-V 5 | 27 de decembro de 2018 | Soiuz 2-1a Fregat | Éxito |
Kanopus-V 6 | 27 de decembro de 2018 | Soiuz 2-1a Fregat | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kanopus-V |