Saltar ao contido

Kansuke Naka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKansuke Naka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 中勘助 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1885 Editar o valor en Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
EducaciónTokyo University (en) Traducir
Universidade de Toquio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, novelista, escritor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNatsume Sōseki Editar o valor en Wikidata

Kansuke Naka (xaponés: 中勘助, Naka Kansuke), nado o 22 de maio de 1885 e finado o 3 de maio de 1965, foi un novelista e ensaísta xaponés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naka naceu en Toquio o 22 de maio de 1885. Viviu en Hiratsuka entre 1926 e 1932. Agás un breve período, durante a segunda guerra mundial, en que foi evacuado á prefectura de Shizuoka, Naka permaneceu a meirande parte da súa vida na capital nipoa. En 1942, casou con Kazuko Shimada.

Naka foi estudante de Natsume Sōseki (1867-1916) na Universidade de Toquio, antes de que o escritor deixase a docencia para traballar no xornal Asahi shimbun. Foi este quen facilitou a publicación da primeira novela de Naka, Gin no saji 銀の匙 ("A culler de prata", 1911-1913), no devandito xornal.[1] Trátase dunha descrición nostálxica da súa infancia e adolescencia, na que se recolle a vida no Toquio de comezos do século XX. Nesta bildungsroman, mestúranse os feitos históricos da era Meiji (1852-1912) cos sentimentos de illamento do protagonista.

Tamén escribiu Inu 犬 ("Os cans", 1922) e a escolma poética Rōkan 琅玕 (1935).

Influencia

[editar | editar a fonte]

A literatura de Naka foi prezada polo filósofo Tetsurō Watsuji (1889-1960), así como polo intelectual chinés Zhou Zuoren (1885-1967), quen gabou a súa infrecuente vontade de criticar aos nacionalistas nipóns.[2]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • Perros (2024). Tradución directa do xaponés de Iván Díaz Sancho. Satori Ediciones.
  1. Naka 1990.
  2. Lu 2004, p. 223.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]