Karra Elejalde
![]() (2021) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Elejalde Garai ![]() 10 de outubro de 1960 ![]() Vitoria, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista ![]() |
Período de actividade | 1987 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Sílvia Bel ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |

Carlos Elejalde Garai, coñecido como Karra Elejalde, nado en Vitoria en 1960 é un actor, director de cinema e guionista vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu ata os 14 anos en Leintz-Gatzaga (Guipúscoa). Empezou a estudar para ser electricista e durante a súa etapa de formación profesional cursou estudos dramáticos e de interpretación no Campus Molinuevo (Vitoria). Tamén cursou estudos de pintura e escultura en Mendizabala de Vitoria.[1] A súa traxectoria polifacética abrangue proxectos como a fundación de grupos de teatro ou escribir letras de cancións para conxuntos de rock vasco como Hertzainak ou Korroskada.[1]
Durante o servizo militar coñeceu o actor Toño Sampedro, quen lle propuxo incorporarse á compañía La Farándula, e debutou no espectáculo Adiós, hasta huevo, no que interpretou once personaxes.[1] Participou no teatro vasco independente en compañías como Grupo Samaniego, Klacatrak e Ttipi-Ttapa teatro, en espectáculos como a triloxía de monólogos Etc, Etc... (1988), La Kabra tira al monte (1997) e La Kabra y Miss Yoe's (2006). En 1987 debutou no cinema coa longametraxe A los cuatro vientos. Deuse a coñecer da man dos cineastas Juanma Bajo Ulloa e Julio Medem. Como guionista e director preparou os filmes Torapia (2004) e Año mariano (1999), esta última en colaboración con Fernando Guillén Cuervo.
Participou en Airbag, La ardilla roja ou A esmorga (interpretando o personaxe do Bocas). Acadou o Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria pola dupla interpretación de Cristovo Colón e o actor que o interpreta, Antón, un home enfermo e alcohólico. En 2014 volveu gañar o Goya na mesma categoría por Ocho apellidos vascos, de Emilio Martínez-Lázaro. Taién participou en Mientras dure la guerra, de Alejandro Amenábar, interpretando o papel de Miguel de Unamuno (2019).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado coa actriz Sílvia Bel, con quen ten unha filla, Ainara.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actor secundario | Invasor | Nomeado |
2014 | Mellor actor | A esmorga | Nomeado |
En decembro de 2022 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Virginia Collera (24 de enero de 2016). "La séptima vida de Karra Elejalde". El País (en castelán).
- ↑ "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karra Elejalde ![]() |