Kas
KAS | |
---|---|
Imaxe de Kas. | |
Fundación | 1952 |
Matriz | PepsiCo |
Localización | Vitoria |
Fundador | Román e José María Knörr Elorza |
Industria | Alimentación |
Na rede | |
https://www.pepsico.es/es-es/marcas/informaci%C3%B3n-de-producto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kas é unha marca dunha bebida carbonatada (refresco) con sabores a laranxa, limón e mazá, pertencente á multinacional estadounidense PepsiCo.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da empresa están nunha bebida chamada “La Sucursal” que iniciaron a producir en 1926.[1] Os irmáns Román e José María Knörr, fabricantes de cervexa e gasosas de Vitoria (País Vasco), tiveron a idea de mesturar concentrado de zume de laranxa con gasosa en 1952.[2] Empezouse a comercializar en Vitoria, Áraba, País Vasco, no ano 1956. Anteriormente comercializábase co nome Zume de Laranxa "El As"[3], pero os seus donos, a familia Knörr, decidiu incorporar a esta marca o K inicial do seu apelido. Curiosamente, ademais, a palabra kas significa gas en éuscaro.
A marca tivo éxito na zona cantábrica establecendo plantas de embotellado e distribución en Vigo, Irún, Barcelona, Palma ou Sevilla. Actualmente pertence á compañía estadounidense de bebidas e alimentos PepsiCo, que comprou a empresa matriz de Kas no ano 1992. Véndese en España, sur de Francia e Portugal.
Produtos
[editar | editar a fonte]Kas foi engadindo á súa marca outros sabores e mercados:
- Kas Laranxa (España)
- Kas Limón (España)
- Kas Manzana (España)
- Kas Uva (España)
- Kas Cola (España)
- Kas Fresa Esplosiva (Illas Canarias)
- Kas Tónica (España)
- Kas Toronja (México)
- Bitter Kas (España)
- Kas Guaraná (Brasil)
- Kas Guaraná Maracuyá (Brasil)
- Kas Guaraná Acerola (Brasil)
- Kas Uva Acerola (Brasil).
Polémicas
[editar | editar a fonte]En 1975 xurdiu a Koordinadora Abertzale Socialista (KAS), pertencente ao Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) na órbita do grupo terrorista ETA: Eta Político-Militar V Asamblea, ETA Militar V Asamblea, os partidos EHAS e HASI e os sindicatos LAK e LAB. O 18 de agosto de 1976, durante a celebración da Mesa de Alsasua, xurdiu Herri Batasuna (HB). As agrupacións políticas que integraban KAS organizáronse na contorna de HB.[4] A coincidencia nos nomes xerou confusión no mercado e malestar na empresa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "LA HISTORIA DE KAS". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2018. Consultado o 24 de abril de 2018.
- ↑ KAS rediseña su identidad y packaging
- ↑ "KAS: Historia del primer refresco de burbujas español".
- ↑ KAS
- ↑ Trabajadores de Vitoria solicitan precisión al utilizar las siglas KAS elpais.com