Kassius Robertson
![]() (2024) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1994 ![]() Toronto, Canadá ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Canisius University (en) ![]() Vaughan Secondary School (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 180 lb ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2018 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Kassius Robertson, nado o 20 de abril de 1994 en Toronto, Ontario, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB. Cunha altura de 1,91 m xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]En xuño de 2018, Robertson asinou co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga.[1] Nunha tempada na Bundesliga, acadou 12.3 puntos por encontro.
En xullo de 2019, Robertson asinou co Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A.[2] O 3 de marzo de 2020, Robertson foi cortado polo equipo italiano.[3]
O 18 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Robertson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[4] O 20 de decembro de 2020, Robertson anotou 37 puntos na vitoria do Obradoiro contra o Casademont Zaragoza, a maior anotación individual na historia do equipo santiagués en ACB, superando os 36 puntos acadados por Maxi Kleber en marzo de 2015.[5][6] Tras a súa primeira tempada no Obradoiro, na que Robertson foi o máximo anotador da tempada con 15.2 puntos por encontro, o 16 de xullo de 2021 anunciouse a súa continuidade por unha tempada máis.[7]
O 15 de agosto de 2022, Robertson asinou co Pallacanestro Reggiana da Lega Basket Serie A.[8]
O 27 de novembro de 2022, Robertson regresou ó Obradoiro CAB da Liga ACB, tras asinar ata final de tempada.[9]
O 17 de xullo de 2023, Robertson asinou co Valencia Basket da Liga ACB por dúas tempadas.[10] O 6 de xuño de 2024, Robertson e o club laranxa chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador.[11]
O 28 de xuño de 2024, Robertson asinou un contrato de dous anos co Joventut Badalona da Liga ACB.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kassius Robertson just signed with your new favorite Bundesliga hoops team". SB Nation. 28 de xuño de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Kassius Robertson signs with Fortitudo Bologna". Sportando. 16 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Risoluzione consensuale con Kassius Robertson". fortitudo103.it. 3 de marzo de 2019.
- ↑ "O Monbus Obradoiro ficha a Kassius Robertson". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "O Monbus Obradoiro recupera o acerto para sumar a sexta vitoria (102-91)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2020.
- ↑ KASSIUS ROBERTSON en modo metralleta: ¡37 puntos con 9 triples! | Liga Endesa 2020-21
- ↑ "Kassius Robertson continuará vestindo a camiseta do Monbus Obradoiro na tempada 2021/22". Obradoirocab.com. 16 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021.
- ↑ "Pallacanestro Reggiana officially signs Kassius Robertson" (en inglés). Sportando. 15 de agosto de 2022. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Kassius Robertson regresa ao Monbus Obradoiro". Obradoirocab.com. 27 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2022. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "Kassius Robertson, explosividad anotadora para Valencia Basket" (en castelán). ACB.com. 18 de xullo de 2023. Consultado o 18 de xullo de 2023.
- ↑ "Kassius Robertson se desvincula de Valencia Basket" (en castelán). ACB.com. 6 de xuño de 2024. Consultado o 6 de xuño de 2024.
- ↑ "Kassius Robertson: un tirador extraordinario para el perímetro verdinegro" (en castelán). ACB.com. 28 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024.