Katie Bouman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Katherine Bouman 9 de maio de 1989 (35 anos) West Lafayette, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - enxeñaría eléctrica, ciencias da computación (–2018) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - enxeñaría eléctrica, ciencias da computación (–2013) Universidade de Míchigan - enxeñaría eléctrica (–2011) West Lafayette Junior-Senior High School (en) (–2007) |
Tese académica | Extreme imaging via physical model inversion : seeing around corners and imaging black holes (en) (2017 ) |
Director de tese | William T. Freeman (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Visión artificial e Aprendizaxe automática |
Ocupación | informática teórica, enxeñeira eléctrica |
Empregador | Instituto Tecnolóxico de California (2019–) Universidade Harvard (2018–) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Charles Addison Bouman |
Cronoloxía | |
first direct image of a black hole (en) | |
Premios | |
| |
Sitio web | people.csail.mit.edu… |
Katherine Louise Bouman, nada en West Lafayette o 9 de maio de 1989 é unha profesora de ciencias da computación no Instituto Tecnolóxico de California.[1] Investiga métodos computacionais para imaxes e liderou a primeira visualización dun burato negro utilizando o proxecto Event Horizon Telescope.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bouman ouviu falar por primeira vez sobre o proxecto Event Horizon Telescope cando era estudante de secundaria en West Lafayette, Indiana.[2][3][4]
Estudou enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan e graduouse Cum laude.[5] Obtivo unha mestría en enxeñaría eléctrica no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde tamén completou o seu doutoramento.
Bouman foi membro do MIT Haystack Observatory. Foi apoiada por unha bolsa de posgrao da Fundación Nacional de Ciencias.[6]
A súa tese de mestría Estimating Material Properties of Fabric through the observation of Motion foi galardoada co Premio Ernst Guillemin á mellor tese de mestría.[7]
Uniuse á Universidade de Harvard como bolseira postdoutoral no equipo Event Horizon Telescope Imaging.[8][9][10]
En 2017, impartiu unha charla TED: Como tomar unha fotografía dun buraco negro.[11][12][13]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Bouman ingresou no Instituto de Tecnoloxía de California como profesora asistente en 2019.[14][15] As súas investigacións versan sobre novos sistemas para imaxes computacionais.
En abril de 2019 foi responsable das primeiras imaxes dun burato negro, achegando apoio computacional para aprender sobre a relatividade xeral no réxime de campo forte.[6][14][16] Teorizou que os buratos negros deixan unha sombra de fondo de gas quente.[9]
A fotografía foi obtida a partir dunha rede de oito telescopios situados en distintos puntos do mundo, participando ESO, ALMA e APEX,[17] con ondas de radio que lles permitiron atravesar o po galáctico, e complementada cun algoritmo que foi creado por Bouman.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pinto, Teguayco. "Katie Bouman: una ingeniera de 29 años ha sido clave para fotografiar por primera vez un agujero negro". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-11.
- ↑ 2,0 2,1 Ghosh, Pallab (2019-04-10). ""Un absoluto monstruo": así es la primera foto de un agujero negro, 3 millones de veces más grande que la Tierra" (en inglés). Consultado o 2019-04-10.
- ↑ 3,0 3,1 "Equipo que consiguió primera foto de un agujero negro fue liderado por una mujer". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ Abraham (2019-04-10). "About Katie Bouman Creator Of First Black Hole Image From Event Horizon Telescope". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Katie Bouman aka Katherine L. Bouman". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ 6,0 6,1 "Working together as a “virtual telescope,” observatories around the world produce first direct images of a black hole". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "EECS Celebrates - Fall 2014 Awards | MIT EECS". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Katie Bouman". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ 9,0 9,1 "Professor Katie Bouman (Caltech): ” Imaging a Black Hole with the Event Horizon Telescope”". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Project bids to make black hole movies". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Cómo fotografiar un agujero negro | En la red". 2019-02-03. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ Bouman. "Katie Bouman | Speaker | TED". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Katie Bouman". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ 14,0 14,1 "Caltech Computing + Mathematical Sciences | Katherine L. Bouman". Consultado o 2019-04-10.
- ↑ "Imaging the Invisible". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ Science Editor, Tom Whipple (2019-04-10). "First image of black hole revealed" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2019-04-10.
- ↑ information@eso.org. "Un equipo de astrónomos capta la primera imagen de un agujero negro - ESO, ALMA y APEX contribuyen a un cambio de paradigma con las observaciones del gigantesco agujero negro del centro de la galaxia distante Messier 87". www.eso.org (en castelán). Consultado o 2019-04-11.