Saltar ao contido

Kemal Kılıçdaroğlu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKemal Kılıçdaroğlu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(tr) Kemal Karabulut Editar o valor en Wikidata
17 de decembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Nazımiye (Turquía) Editar o valor en Wikidata
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
7 de xullo de 2018 – 14 de maio de 2023
Lexislatura: 27th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: İzmir (2nd electoral district) (en) Traducir

Vicepresidente Internacional Socialista
21 de agosto de 2012 – 13 de decembro de 2014
Presidente Partido Republicano Popular
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023
← Deniz BaykalÖzgür Özel (pt) Traducir →
Leader of the Main Opposition of Turkey (en) Traducir
22 de marzo de 2010 – 5 de novembro de 2023
← Deniz BaykalÖzgür Özel (pt) Traducir →
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
18 de novembro de 2002 – 14 de maio de 2023 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAlevismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónGazi University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e político Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, político, bureaucrat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Popular (1999–)
Democratic Left Party (en) Traducir (–1999) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSelvi Kılıçdaroğlu (1974–) Editar o valor en Wikidata
FillosKerem Kılıçdaroğlu Editar o valor en Wikidata
IrmánsCelal Kılıçdaroğlu Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Facebook: K.Kilicdaroglu Twitter: kilicdarogluk Instagram: kilicdaroglu Editar o valor en Wikidata

Kemal Kılıçdaroğlu, nado en Ballıca o 17 de decembro de 1948, é un político socialdemócrata turco, dirixente do Partido Republicano Popular (CHP) e líder da oposición desde 2010.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea do distrito de Nazımiye na provincia de Tunceli, no leste de Turquía. Seu pai fora un dos milleiros de exiliados alevís tras do fracaso da Rebelión Dersim.[1] Kemal realizou estudos primarios e secundarios en varios lugares como Erciş, Tunceli, Genç e Elazığ, graduándose en 1971 en economía na Academia de Economía e Ciencias Comerciais de Ancara.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Logo de rematar os seus estudos, Kemal Kılıçdaroğlu entrou no ministerio de finanzas e pasou un ano en Francia para perfeccionarse profesionalmente. Nomeado en 1983 vicedirector xeral do departamento de recursos públicos do ministerio, en 1991 converteuse en director xeral da seguridade social turca,[2][3], posto no que parmaneceu ata 1999, retirándose para entrar en política.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

En 1999 a prensa refereríase a miúdo a Kılıçdaroğlu como a estrela do Partido da Esquerda Democrática (DSP),[4] afirmándose que sería candidato do DSP nas eleccións xerais de 1999.[5] Malia todo non se propuxo a súa candidatura e mentres dirixía a seguridade social, o líder do CHP Deniz Baykal convidouno a unirse ao seu partido, e Kılıçdaroğlu aceptou.[2]

Parlamentario

[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións de 2002 entrou no parlamento como deputado por Istambul, reelixido en 2007, converténdose no voceiro segundo do seu grupo parlamentario.[2] Kılıçdaroğlu foi o candidato á alcaldía de Istambul polo CHP nas eleccións locais de 2009,[6] quedando segundo por tras Kadir Topbaş cun 37% dos votos

Kılıçdaroğlu nunha visita a Washington en decembro de 2013

Líder do CHP

[editar | editar a fonte]

Deniz Baykal, histórico líder do CHP deixou o seu posto o 10 de maio de 2010 logo dun escándalo cunha fita de vídeo. Kılıçdaroğlu anunciou o seu interese en substituílo, así e todo o Comité Executivo do partido amosouse partidario de reelixir a Baykal,[7] mais logo de Kılıçdaroğlu recibir o apoio de 77 dos 81 presidentes provinciais do seu partido, Baykal decidiu non presentar a súa candidatura,[8] e a candidatura de Kılıçdaroğlu logrou as sinaturas de 1246 dos 1,250 delegados, unha marca non superada no CHP.[9] Na convención os delegados elixírono por unanimidade, con 1189 votos a favor, e nove nulos.[10]

Líder da oposición

[editar | editar a fonte]

Kılıçdaroğlu converteuse en xefe oficial da oposición o22 maio de 2010 ao liderar o segundo partido na Grande Asemblea Nacional. A súa primeira campaña como líder do CHP e da oposición foi o referendo constitucional do 12 de setembro de 2010, para o que empregou a táctica de boicotear o seu proceso parlamentario, mais como para se realizar o referendo era preciso a aprobación de 330 parlamentarios, e o goberno tiña 336, non puido evitar a celebración do referendo. Kılıçdaroğlu fixo campaña polo non ás propostas e elevou aos tribunais o proceso de votación parlamentario alegando irregularidades técnicas pero o Tribunal Constitucional deulle validez á votación e o 57.9% dos electores votaron a favor e o 42.1% en contra.[11]

As eleccións lexislativas de 2011 foron as primeiras nas que Kemal Kılıçdaroğlu participou como o dirixente do CHP, e o seu partido recibiu case o 26% dos votos mellorando máis de cinco puntos en relación ás anteriores, non obstante nas eleccións de xaneiro de 2015 baixou un punto quedando con case o 25%.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]