Kerry GAA
Kerry GAA | |
---|---|
Tipo | organización deportiva |
Deporte | fútbol gaélico e hurling |
Data de fundación | 1888 |
Sede | Condado de Kerry |
En | Condado de Kerry |
Na rede | |
http://kerry.gaa.ie | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Kerry County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Chontae Chiarraí, é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda e é responsable dos deportes gaélicos no Condado de Kerry e organiza as competicións entre os clubs do condado. Foi fundado en 1888 e as súas cores son o verde e o dourado. Os maiores éxitos do equipo do Condado de Kerry viñeron da man do fútbol gaélico, deporte do que é o equipo máis laureado, gañando o All-Ireland Senior Football Championship en 36 ocasións e a National Football League en 19, tendo nos dous unha ampla marxe respecto dos seus perseguidores, ademais no 2009 o equipo de fútbol gaélico de Kerry disputou a súa 55ª final do All-Ireland, sendo o equipo que máis finais disputou na historia, superando por moito ao segundo, o Dublin GAA que conta con 35 finais. O equipo dos anos '70 e '80 é considerado como o mellor de tódolos tempos, disputando nestas dúas décadas 12 finais para un total de 9 títulos, pasando despois a sufrir unha crise na que non disputou ningunha final entre 1987 e 1996. Tamén no fútbol gaélico, mais na categoría feminina, o Condado acadou importantes éxitos, ao gañar o All-Ireland Senior Ladies' Football Championship en 11 ocasións, sendo o equipo máis laureado por diante de Waterford GAA e Cork GAA que contan con 5 títulos.
A pesar da grande importancia do fútbol gaélico, o primeiro título de Kerry chegou na modalidade do hurling en 1891, sendo ademais o seu primeiro e último título ata a data nesta modalidade deportiva. Curiosamente, a final que o equipo gañou en 1891 foi a única final que disputou o equipo de Kerry na súa historia.
Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promocionar o camogie, “Our Game, Our Passion,”[1] Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.[2]
O estadio no que habitualmente xogan os equipos do Kerry GAA é o Fitzgerald Stadium da vila de Killarney. O club tamén conta cun estadio secundario, o Austin Stack Park de Tralee.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Fútbol gaélico
[editar | editar a fonte]Masculino
[editar | editar a fonte]- All-Ireland Senior Football Championships: 36
- 1903, 1904, 1909, 1913, 1914, 1924, 1926, 1929, 1930, 1931, 1932, 1937, 1939, 1940, 1941, 1946, 1953, 1955, 1959, 1962, 1969, 1970, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1984, 1985, 1986, 1997, 2000, 2004, 2006, 2007, 2009
- National Football Leagues: 19
- 1928, 1929, 1931, 1932, 1959, 1961, 1963, 1969, 1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1982, 1984, 1997, 2004, 2006, 2009
- Munster Senior Football Championships: 73
- 1892, 1903, 1904, 1905, 1908, 1909, 1910, 1912, 1913, 1914, 1915, 1919, 1923, 1924, 1925, 1926, 1927, 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1941, 1942, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1953, 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 1969, 1970, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1984, 1985, 1986, 1991, 1996, 1997, 1998, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2007, 2010
- McGrath Cup: 2
- 1996, 2010
- Railway Cup Football: 2 (*)
- 1927 , 1931
(*) A Railway Cup é disputada por equipos das Provincias, estes anos tódolos xogadores do Munster foron do Kerry GAA.
Feminino
[editar | editar a fonte]- All-Ireland Senior Ladies' Football Championships: 11
- 1976, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1993
Hurling
[editar | editar a fonte]- All-Ireland Senior Hurling Championships: 1
- 1891
- National Hurling Leagues Div2:
- 2001
- Munster Senior Hurling Championships: 1
- 1891
Estadios
[editar | editar a fonte]- Fitzgerald Stadium, Killarney - sede do equipo sénior de fútbol gaélico
- Austin Stack Park, Tralee
Competicións organizadas por Kerry GAA
[editar | editar a fonte]- Kerry Senior Football Championship
- Kerry Senior Hurling Championship
- Kerry Intermediate Football Championship
- Kerry Intermediate Hurling Championship
- Kerry Junior Football Championship
- Kerry Junior Hurling Championship
- Kerry Novice Football Championship
- Kerry Minor Football Championship
- Kerry Minor Hurling Championship
- Kerry Under-21 Football Championship
- Kerry U21 Hurling Championship
- Kerry County Football League - Division 1
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irish Independent March 29 2010: Final goal for camogie
- ↑ National Development Plan 2010-2015, Our Game, Our Passion información en camogie.ie Arquivado 01 de setembro de 2010 en Wayback Machine., pdf download (778k) en Camogie.ie download Arquivado 16 de setembro de 2011 en Wayback Machine.