Ketty Nivyabandi
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1978 ![]() Uccle, Bélxica (pt) ![]() ![]() |
Educación | United States International University Africa (en) ![]() Q109540195 ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, Activista polos dereitos humanos, escritora, xornalista ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ketty Nivyabandi, nada en Uccle (Bruxelas) o 19 de xullo de 1978[1], é unha poeta e activista polos dereitos humanos de Burundi. Reside exiliada en Otava (Canadá).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creceu en Bujumbura, onde estudou relacións internacionais e traballou como xornalista.[2]
A súa obra poética, en lingua francesa, apareceu en revistas literarias como World Literature Today[3] e Words Without Borders,[4] e en antoloxías como We Have Crossed Many Rivers: New Poetry from Africa (2012).[5] En 2012 representou Burundi na Olimpíada Cultural paralela aos Xogos Olímpicos de 2012, celebrados en Londres[3].
Nivyabandi comezou o seu activismo durante a crise constitucional de 2015 de Burundi. Liderou a primeira protesta do país na que só participaron mulleres, e foi membro fundador do Movemento de Mulleres e Rapazas pola Paz e a Seguridade en Burundi. Viuse obrigada a deixar o país cando foi sinalada polo goberno.[6] Testificou ante o subcomité para a violación de dereitos humanos en Burundi na Cámara dos Comúns do Canadá, e decote participa en charlas sobre dereitos humanos, especialmente os dereitos das mulleres e os efectos dos conflitos nas vidas das mulleres.[2] En 2016 foi incluída na obra de Kate Schatz Rad Women Worldwide.[7]
En 2017 uniuse á Iniciativa de Mulleres Nobel como membro asociado.[6] En marzo de 2019 falou na Convención Anual de Xenebra polos Dereitos Humanos e a Democracia.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaël Faye (22 de marzo de 2017). "Ketty Nivyabandi, le chemin vers la liberté". Libération (en francés).
- ↑ 2,0 2,1 "Ketty Nivyabandi". Geneva Summit for Human Rights and Democracy.
- ↑ 3,0 3,1 "Ketty Nivyabandi". World Literature Today. Marzo de 2014.
- ↑ "Izina". Words Without Borders. Xullo de 2015.
- ↑ Okoro, Dike, ed. (2012). We Have Crossed Many Rivers: New Poetry from Africa. African Books Collective. ISBN 9789788244325.
- ↑ 6,0 6,1 "Meet Ketty Nivyabandi, Burundi". Nobel Women's Initiative. 30 de novembro de 2017.
- ↑ Schatz, Kate, ed. (2016). Rad Women Worldwide: Artists and Athletes, Pirates and Punks, and Other Revolutionaries who Shaped History. Ten Speed Press. ISBN 9780399578861.
- ↑ "11th Geneva Summit – Mar. 26, 2019". Geneva Summit for Human Rights and Democracy.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Mouvement de Femme et Filles pour la Paix et Securite au Burundi". mffpsburundi.org (en francés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2019.