Saltar ao contido

Kiawentiio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKiawentiio
Biografía
Nacemento28 de abril de 2006 Editar o valor en Wikidata (18 anos)
Akwesasne Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo mohawk Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante Editar o valor en Wikidata

Sitio webkiawentiio.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11019407 Allocine: 913554
Instagram: kiawentiio Youtube: UCr7E9gpg9UWosASWPrfLcvw TikTok: nicemorning_ Editar o valor en Wikidata

Kiawenti:io Tarbell[1] (/ˌɡjɑːwənˈdiːjoʊ/), nada en Akwesasne o 28 de abril de 2006,[2] coñecida simplemente como Kiawentiio, é unha actriz e cantante mohawk. Fixo o seu debut nunha serie de televisión na terceira tempada de Anne with an E (2019) e o seu debut no cinema con Beans (2020). Tamén é coñecida por interpretar a Katara no remake de acción en vivo de Netflix de Avatar: The Last Airbender (2024).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kiawentiio é mohawk do clan do lobo[3] e naceu no seo dunha familia mohawk en Akwesasne, unha reserva india que se atopa na fronteira entre o Canadá e os Estados Unidos, ao longo do río St. Lawrence.[4][5] No lado estadounidense, tamén é coñecida como reserva mohawk St. Regis.

O seu nome quere dicir "boa mañá" en mohawk (kanienʼkéha).[6] Medrou nunha casa en Kawehno:ke (tamén coñecida como illa Cornwall) e asistiu a Akwesasne Freedom School e Cornwall Collegiate and Vocational School.[7] Vive entre Otava, Montreal e Nova York, e ten dobre cidadanía canadense e estadounidense.[8]

Carreira como actriz

[editar | editar a fonte]

Tarbell foi unha das 200 actrices indíxenas canadenses que fixeron audición para o papel de Ka'kwet, que aparece na terceira tempada de Anne with an E.[9] Tivo que aprender a pronunciar a lingua micmac e comprender a historia e cultura do pobo.[10] Tamén protagonizou o papel principal de Beans no papel dunha moza mohawk de 12 anos que vive en Kahnawake en 1990, na época da crise de Oka.

Apareceu como a personaxe recorrente Maya Thomas na comedia de situación Rutherford Falls (2021). En 2021, tamén foi seleccionada para interpretar a Katara na versión de acción en vivo de Netflix da serie Avatar: The Last Airbender.[11]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
2020 Beans Beans / Tekehentahkhwa
2022 N'xaxaitkw Zarya Curtametraxe

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Tírulo Papel Notas
2019 Anne with an E Ka'kwet 5 episodios
2021 Rutherford Falls Maya Thomas 2 episodios
2023 What If...? Wahta (voz) Episodio: "What If... Kahhori Reshaped the World?"
2024–presente Avatar: The Last Airbender Katara Papel principal
  1. "Rising Star — Meet Kiawenti:io Tarbell from Anne with an E". CBC Kids News. 26 de setembro de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  2. "Kiawentiio". TV Insider. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  3. Puckett-Pope, Lauren (2024-02-22). "Kiawentiio on 'Avatar: The Last Airbender,' Her Premiere Look, and Season 2 Hopes". Elle (en inglés). Consultado o 2024-11-19. 
  4. "Kiawentiio biography and filmography | Kiawentiio movies". Tribute (en inglés). Consultado o 2021-08-17. 
  5. Craig, Jo (2021-08-13). "Who is Kiawentiio Tarbell? Explore the Instagram, Ethnicity and Roles of Avatar: The Last Airbender Actor". HITC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2024. Consultado o 2021-08-17. 
  6. Roundpoint, Shannon Burns. "ACTING UP" (en inglés). Consultado o 2021-08-25. 
  7. Lafrance, Derrick (10 de agosto de 2017). "Kiawentiio Tarbell". Indian Time (en inglés). Consultado o 2021-08-25. 
  8. Mehta, Sia (13 de febreiro de 2021). "TIFF Kiawentiio Biography". TIFF (en inglés). Consultado o 2021-08-17. 
  9. "Kiawenti:io Tarbell - Anne with an E". CBC. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  10. Time, Indian. "Rising Star Kiawenti:io Tarbell Talks about Her Experience on "Anne with an E"". Indian Time (en inglés). Consultado o 2021-08-17. 
  11. Webster, Andrew (2021-08-12). "Netflix reveals cast for its live-action Avatar: The Last Airbender series". The Verge (en inglés). Consultado o 2021-08-17.