Kiro Stojanov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1959 (65 anos) Radovo, Macedonia do Norte (en) |
Bispo diocesano | |
20 de xullo de 2005 – ← Joakim Herbut (en) | |
Roman Catholic Bishop of Skopje (en) | |
20 de xullo de 2005 – ← Marko Sopi (en) Diocese: Diocese de Skopje (pt) | |
Bispo auxiliar | |
4 de xaneiro de 1999 – Diocese: Diocese de Skopje (pt) | |
Bispo titular | |
4 de xaneiro de 1999 – Diocese: Centuriones (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina macedonia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1999–), sacerdote católico (1986–) |
Consagración | Myroslav Stefan Marusyn |
Kiro Stojanov (en macedonio: Киро Стојанов), nado en Radovo (R.S. de Macedonia) o 9 de abril de 1959, é un eclesiástico católico, bispo de Skopje dende 2005 e da Asunción da Virxe María en Strumica-Skopje dende 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Radovo, entón na R.S. de Macedonia, parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 9 de abril de 1959. O 6 de abril de 1986 foi ordenado sacerdote.
O 4 de xaneiro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Skopje e bispo titular de Centuriones. Recibiu a consagración episcopal o 1 de maio de mans do arcebispo Miroslav Stefan Marusyn, secretario da Congregación para as Igrexas Orientais, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Skopje-Prizren Joakim Herbut e ao bispo de Križevci Slavomir Miklovš.
O 20 de xullo de 2005 foi nomeado bispo de Skopje e exarca apostólico de Macedonia.
O 31 de maio de 2018 o exaercado apostólico foi elevado ao rango de eparquía, e Stojanov pasou a ser o seu primeiro bispo.