Kirstine Meyer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Kirstine Bjerrum 12 de outubro de 1861 Skærbæk, Dinamarca (en) |
Morte | 28 de setembro de 1941 (79 anos) Hellerup, Dinamarca (en) |
Educación | Universidade de Copenhague - Doutora en filosofía (–1909) Universidade de Copenhague - magister degree (en) (1885–1892) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | redactora xefe (1902–1913), mestra (1885–1902), mestra (1882–1885), física |
Familia | |
Irmáns | Jannik Petersen Bjerrum |
Premios | |
|
Kirstine Bjerrum Meyer, nada en Skærbæk (Dinamarca) o 12 de outubro de 1861 e finada o 28 de setembro de 1941,[1] foi unha física danesa. Foi profesora de secundaria durante moitos anos, ao mesmo tempo que investigaba en física.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou a Medalla de Ouro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras en 1899, polo seu estudo sobre a existencia dunha ecuación xeral de estado para todos os corpos fluídos, un artigo titulado Om overensstemmende Tilstande hos Stofferne. Doutorouse en física na Universidade de Copenhague en 1909, converténdose na primeira muller danesa en obter un doutoramento en ciencias naturais.[3] A súa tese, Tempurbegrebets Udvikling gennem Tiderne (O desenvolvemento do concepto de temperatura ao longo do tempo), é un estudo da historia do concepto de temperatura.
En 1902 Meyer fundou Fysisk Tidsskrift, a revista danesa de física. Foi a súa editora ata 1913.
En 1925, ela recibiu a Tagea Brandt Rejselegat.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marilyn Bailey Ogilvie, de la Joie Dorothy Harvey, Meyer-Bjerrum, Kirstine, Le Dictionnaire Biographique des Femmes dans les Sciences: L–Z, Routledge, 2000, pp. 890-891; ISBN 0-415-92040-X
- ↑ "Kirstine Bjerrum Meyer, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-10-12. Consultado o 2020-03-28.
- ↑ Finn Aaserud, la Vulgarisation et les Gens (1911-1962), Volume 12 (Niels Bohr – Œuvres complètes), Elsevier Science, 2007, p. 122; ISBN 0-444-52946-2