Saltar ao contido

Kirsty Coventry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKirsty Coventry

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Harare, Zimbabwe Editar o valor en Wikidata
Minister of Sport, Arts and Recreation (en) Traducir
10 de setembro de 2018 –
Membro do Comité Olímpico Internacional
Representa: Zimbabwe

2013 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Auburn Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnião Nacional Africana do Zimbábue - Frente Patriótica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaZimbabwe Editar o valor en Wikidata
Deportenatación Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
14 de agosto de 2008Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - 200 m costas feminino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
11 de agosto de 2008Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - 200 m medley feminino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
10 de agosto de 2008Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - 100 m costas feminino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
9 de agosto de 2008Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - 400 m medley feminino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
19 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – women's 200 metre backstroke (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
16 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – women's 200 metre individual medley (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
15 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – women's 100 metre backstroke (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2002Jogos da Commonwealth de 2002 (pt) Traducir
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTyrone Seward Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkirstycoventry.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: OfficialKirstyCoventry Twitter: KirstyCoventry Olympic.org: ms-kirsty-coventry Editar o valor en Wikidata

Kirsty Coventry, nada o 16 de setembro de 1983 en Harare, é unha nadadora de Cimbabue gañadora de sete medallas olímpicas, incluídas dúas de ouro, entre os Xogos de Atenas 2004 e Pequín 2008.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vive nos Estados Unidos, onde estuda e compite pola Universidade de Auburn, en Alabama, coa que gañou varios campionatos universitarios. Mide 1'73 m e pesa 61 kg.

No ano 2000, sendo aínda estudante de secundaria, participou nos Xogos Olímpicos de Sydney, onde chegou a semifinais nos 100 metros costas. Isto valeulle ser nomeada como deportista do ano en Cimbabue.

Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 conseguiu a medalla de ouro dos 200 m. costas (2:09,19), a prata dos 100 m. costas (1:00,50) e o bronce nos 200 m. estilos (2:12,72). Son as primeiras medallas olímpicas na historia de Cimbabue logo de 24 anos, e foi recibida como unha heroína á súa volta.

Nos Campionatos do Mundo de Montreal 2005 gañou dúas medallas de ouro, en 100 e 200 m. costas (1:00,24 e 2:08,52) e dúas medallas de prata, en 200 e 400 m. estilos (2:10,41 e 4:36,07). Estes triunfos colocaron a Cimbabue no terceiro lugar do medalleiro en devanditos campionatos, malia que Kirsty era a única representante dese país. Ela foi a nadadora máis laureada da competición.

Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 gañou 1 ouro e tres medallas de prata (400 m individual, 100 m costas, e 200 m individual) e nas tres probas bateu as marcas mundiais. En 400 m individuais obtivo 4:29.89 (a marca era de 4:31.12), pero foi derrotada pola australiana Stephanie Rice. Na semifinal dos 100 m costas impuxo unha nova marca mundial de 58,77 segundos, pero na final foi vencida por Natalie Coughlin, dos Estados Unidos. En 200 m individual obtivo 2:08.59, superando os 2:08.92 da marca mundial, pero a mellor marca foi de Stephanie Rice.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]