Klara Dan von Neumann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (hu) Klára Dán 18 de agosto de 1911 Budapest, Hungría |
Morte | 10 de novembro de 1963 (52 anos) San Diego, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, afogamento |
Educación | Pálné Veres High School (en) (–1929) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da computación |
Ocupación | informática teórica, matemática, patinadora artística sobre xeo, inventora |
Empregador | Laboratorio Nacional de Los Álamos |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Familia | |
Cónxuxe | Carl Eckart (1958–1963) John von Neumann (1938–1957) |
Klára (Klari) Dán Von Neumann, nada en Budapest o 18 de agosto de 1911 e finada en San Diego, o 10 de novembro de 1963, foi unha científica estadounidense pioneira na programación. [1] [2] [3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Károly - Karl Dán e Camila Stadler. [4][5] O seu pai servira anteriormente no exército austrohúngaro como oficial durante a primeira guerra mundial, e trasladáronse a Viena para escapar de Béla Kun. Non volveron a Hungría ata que o réxime foi derrocado. A súa familia era rica e adoitaba organizar festas nas que Dán podía coñecer a moita xente de diferentes ámbitos.
Aos 14 anos, foi campioa nacional de patinaxe artística, [5] e foi enviada a Inglaterra para estudar nun internado pouco despois.
Morreu en 1963 en circunstancias misteriosas: despois de abandonar unha festa en homenaxe á gañadora do Premio Nobel Maria Goeppert-Mayer, conduciu desde a súa casa ata a praia e morreu afogado. O seu cadáver foi atopado na praia de La Jolla . [6] A policía considerou a súa morte como un suicidio. [5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Dán foi unha das primeiras programadoras do mundo e axudou a resolver problemas matemáticos mediante código informático. [7]
Escribiu o código usado na máquina MANIAC I desenvolvida por John von Neumann e Julian Bigelow no Laboratorio Nacional de Los Alamos.[8] Tamén participou no deseño de novos controis para a ENIAC e foi unha das súas principais programadoras. [9] [10]
Ensinoulles aos científicos daquela temperá idade a programar. [11] Escribiu o prefacio das influentes Silliman Lectures de John von Neumann, publicadas postumamente e posteriormente editadas e publicadas pola Yale University Press como "The Computer and the Brain".[12] [13]
Aparece como unha figura relevante no libro de historia da computación "Turing's Cathedral: The Origins of the Digital Universe" de George Dyson . [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marta Macho Stadler (6 de xaneiro de 2021). "Klára Dán Von Neumann, desconocida pionera de la programación". Consultado o 13 de setembro de 2021.
- ↑ Cristina Sánchez (21 de outubro de 2017). "Klara von Neumann: la programadora pionera que fue olvidada por la historia". El Confidencial.
- ↑ Gutenberg, Project. "| Project Gutenberg Self-Publishing - eBooks | Read eBooks online". Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Chen, J with Su-I Lu, and Dan Vekhter. "Von Neumann and the Development of Game Theory". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Dyson, George, 1953-. Turing's cathedral : the origins of the digital universe (First Vintage books edition ed.). ISBN 978-1-4000-7599-7. OCLC 843124457. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ Ulam, S. M. (1991). Adventures of a Mathematician (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520910553. Consultado o 13 de junio de 2017.
- ↑ "John von Neumann: The Father of the Modern Computer". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Q&A: Hacker Historian George Dyson Sits Down With Wired’s Kevin Kelly". Wired.
- ↑ Coyle, Karen. "Turing's Cathedral, or Women Disappear". Karen Coyle. Consultado o 8 de diciembre de 2013.
- ↑ Andrieu, Christophe; de Freitas, Nando; Doucet, Arnaud; Jordan, Michael I. (2003). "An Introduction to MCMC for Machine Learning" (PDF) 50 (1/2): 5–43. doi:10.1023/A:1020281327116.
- ↑ A Vast Machine: Computer Models, Climate Data, and the Politics of Global Warming. The MIT Press. 2010. ISBN 978-0262013925. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de junio de 2017.
- ↑ von Neumann, Klara. "Preface, Von Neumann Silliman lectures". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews Scotland. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ The computer and the brain (2nd ed.). New Haven, Conn. [u.a.]: Yale Nota Bene. 2000. ISBN 9780300084733.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dyson, G., La catedral de Turing: Los orígenes del universo digital, Debate 2015. ISBN 9788499922508 .