Klein Bonaire
(nl) Klein Bonaire ![]() | ||||
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas de Barlovento ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Bonaire, Países Baixos ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 2 m ![]() | |||
Dimensións | 2,5 (![]() ![]() | |||
Superficie | 6 km² ![]() | |||
Klein Bonaire (en neerlandés "Pequena Bonaire") é un pequeno illote deshabitado fronte á costa occidental da illa caribeña de Bonaire.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O illote, que se atopa próximo á media lúa formada pola illa principal, ten 6 km² e é moi chan, levantándose non máis de dous metros sobre o nivel do mar. As únicas estruturas son algunhas ruínas de chozas de escravos (pequenas, estruturas dun só cuarto que datan do período de escravitude da rexión).
A distancia desde a costa de Bonaire á costa de Klein Bonaire é de aproximadamente 800 metros no punto máis próximo. A distancia é frecuentemente atravesada por barcos particulares e comerciais e pódese facer en kaiak con certa dificultade. A principal atracción para os visitantes é o mergullo e o snorkeling no prístino dos arrecifes de coral que rodean o illote.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1868, Klein Bonaire foi vendida a un particular chamado Angel Jeserun e permaneceu en mans privadas ata 1999, cando foi comprada polo goberno de Bonaire, o Fondo Mundial para a Natureza, e a Fundación para a Preservación de Klein Bonaire por 9 millóns de Florines das Antillas Neerlandesas (5 millóns de dólares estadounidenses).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación para a preservación de Klein BonaireArquivado 04 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Fotos de Klein Bonaire