Saltar ao contido

Klein Curaçao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaKlein Curaçao
(nl) Klein Curaçao Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoIlla deserta Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Sotavento
Antillas Menores Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas de Barlovento Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCuraçao, Reino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 11°59′27″N 68°38′35″O / 11.9908, -68.6431
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1,1 (ancho) × 2,9 (lonxitude) km
Superficie1,7 km² Editar o valor en Wikidata

Klein Curaçao en neerlandés, ("Pequena Curaçao") é unha pequena illa do mar Caribe que pertence administrativamente a Illa de Curaçao (que depende á súa vez das Antillas Holandesas). Posúe unha superficie estimada en 1,7 km².

Características

[editar | editar a fonte]

É un pequeno illote deshabitado (non posúe poboación permanente) situado a 28 quilómetros ao sursueste da Illa de Curaçao da que provén o nome desta illa, "Pequena Curaçao". As construcións principais son un vello faro e unhas casas de praia.

Pequenos botes visitan a illa todos os días, está gardada polos Gardacostas das Antillas Holandesas. Entre as principais actividades económicas destacan o turismo, sobre todo o mergullo e paseos en botes.

Antigamente, as cabras percorrian a illa, o que contribuíu á desertificación. En 1871, John Godden, enxeñeiro mineiro inglés, visitou a illa e ata 1886 estrouxose fosfato e exportouse a Europa. A illa foi minada, o nivel da illa baixou e as poboacións de aves mariñas caeron. Actualmente, se esta levando a cabo a súa reforestación. A illa tamén xogou un papel no comercio de escravos. A Compañía Holandesa das Indias Occidentais trouxo a moitos escravos de África a Curaçao. Antes de que estes escravos chegasen a terra en Curaçao, os enfermos eran deixados en corentena en Klein Curaçao. Os restos deste primeiro edificio de corentena aínda se poden atopar no noroeste da illa. Os escravos e outros pasaxeiros que non sobrevivian á viaxe eran enterrados en Klein Curaçao. Na parte sur da illa hai varias tumbas.

A Compañía Holandesa das Indias Occidentais tamén recibiu licenzas para cazar a foca monxe en perigo de extinción en Klein Curaçao. Do mesmo xeito que a súa illa nai de Curaçao, a illa está pouco afectada polos furacáns, pero varias grandes tormentas deixaron a súa pegada. O primeiro foi o furacán de 1877, que destruíu o primeiro faro da illa. O seguinte faro, que aínda pervive, foi construído no interior da illa.

Klein Curaçao non ten habitantes permanentes, só algúns cobertizos cubertos de palmeiras para excursionistas de Curaçao, e ademais dalgunhas palmas de coco ten pouca vexetación. Hai algunhas cabanas de pescadores onde normalmente permanecen algúns días. Obteñen auga da garda costeira holandesa de Curaçao. O lado do barlovento é un cemiterio para barcos que non se mantiveron o suficientemente afastados ou perderon potencia. Un pequeno barco cisterna, o Maria Bianca Guidesman, está sendo desguazado paulatinamente polos constantes golpes das ondas. Os restos doutros catro ou cinco barcos foron arrastrados a terra.