Kleine Oostpoortbrug (Delft)
Kleine Oostpoortbrug (Pequena Ponte da Porta do Leste) | |
---|---|
A ponte en primeiro termo, coa Porta do Leste ao fondo | |
Edificio | |
Tipo | Ponte levadiza |
Sistema estrutural | Estrutura de ferro e madeira con remaches |
Enderezo | Suiderstraat, Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′38″N 4°22′07″L / 52.01066, 4.36873 |
Uso(s) | Acceso á porta na antiga muralla da cidade. |
Construción | |
Construción | 1514 |
Remodelación | máis recentes: 1867 e 1903 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Kleine Oostpoortburg (en galego: "pequena ponte da Porta do Leste") é unha ponte levadiza de ferro construída no ano 1514, que forma parte do complexo da Porta do Leste (neerlandés: Oostpoort), á que está anexa, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
- Artigo principal: Porta do Leste (Delft).
A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967.[1]
Restauracións
[editar | editar a fonte]A ponte tivo diversas restauracións. Á de 1867, probablemente a cargo do arquitecto municipal de Delft C. J. de Bruyn Kops, débeselle a súa fisionomía actual, á base de ferro e madeira. Nunha posterior intervención, en 1903, reforzouse a súa estrutura engadíndolle uns remaches de ferro, seguindo un proxecto de M. A. C. Hartman. As datas destas dúas restauracións están gravadas nas barras de ferro da ponte.[2]
O nome da ponte
[editar | editar a fonte]Unha ponte xiratoria próxima a esta sobre a canle Rijn-Schiekanaal compartía con esta o nome de Oostpoortbrug, o cal provocaba confusión entre os veciños da zona.
Cando o goberno provincial da Holanda Meridional sinalizou a ponte sobre a Rijn-Schiekanaal, da que é titular, cun rótulo co nome de Oostpoortbrug, o goberno municipal decidiu rotular tamén a súa ponte engadíndolle ao seu nome a palabra Kleine (en galego: "pequeno"), para pór fin así á confusión entre ambas as denominacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oostpoortbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (En neerlandés)
- ↑ "Oostpoort (Eastern-Gate) in Delft Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Netherlands-Tourism.com (En inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kleine Oostpoortbrug |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957.
- Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
- Localización das pontes de Delft en Google.com