Saltar ao contido

Kolibri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kolibri / Kolibri 2000
OrganizaciónIKI
Data de lanzamento26 de novembro de 2001[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Duración da misión45 días[6]
Obxectivo da misiónEducativo, estudo da meteoroloxía espacial.[2][3][4][5]
Decaemento4 de maio de 2002
NSSDC ID2001-051C
Masa20,5 kg[2][6][4]
Potencia30 W[6]

Kolibri ou Kolibri 2000 foi un satélite artificial ruso lanzado o 26 de novembro de 2001 mediante un foguete Soiuz FG xunto ao cargueiro Progress M1-7 desde o Cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Kolibri era un satélite con fins educativos resultado da cooperación entre Rusia e Australia e de tan só 20,5 kg de masa. Ía acaroado ao cargueiro Progress M1-7, desde o que foi exectado na súa volta á Terra, o 26 de novembro de 2001. Kolibri quedou nunha órbita de 385 x 388 km e cunha inclinación orbital de 51,6°. Foi deseñado pola Oficina de Deseño Especial do Instituto de Investigación Espacial (IKI polas súas siglas en ruso) da Academia Rusa de Ciencias. O satélite usaba frecuencias de radioafeccionado, 145 MHz para comunicacións e 435 MHz para telemetría, coas que se comunicaba e enviaba datos a terra coa participación de varias institucións educativas en Obninsk (Rusia) e Sydney (Australia). Levaba a bordo un magnetómetro de porta de fluxo e un analizador de partículas e campo eléctrico. Kolibri tiña unha altura de 1,25 m e un diámetro de 0,5 m, cun mastro de 2 m para establizarse mediante gradente gravitatorio. Levaba tamén catro paneis solares para producir ata 30 W de potencia. Reentrou na atmosfera o 4 de maio de 2002.[1][2][4][5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "KOLIBRI" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Kolibri" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 21 May 2002 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-55104 (E)). 31 de maio de 2002. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Kolibri 2000 (RS 21)" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "Kolibri" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 ESA, ed. (2023). "Kolibri-2000" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]