Kolinda Grabar-Kitarović
Kolinda Gravar-Kitarović, nada o 29 de abril de 1968 en Rijeka, Iugoslavia, é unha política croata, que foi presidenta de Croacia de 2015 a 2020.
Formación
[editar | editar a fonte]Como estudante de secundaria, entrou nun programa de intercambio de estudantes e aos 17 anos trasladouse aos Álamos, Novo México, (Estados Unidos) onde se graduou en 1986; de volta en Croacia estudou na Universidade de Zagreb, onde se graduou en 1992 con licenciaturas en inglés, castelán e literatura.
Fala croata, inglés, castelán e portugués e entende o alemán, o francés e o italiano.
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1992, Gravar-Kitarović converteuse en asesora do Departamento de Cooperación Internacional do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. En 1993 incorporouse á Unión Democrática Croata, un partido conservador. En 2003 era designada ministra de Asuntos exteriores, pero en 2005, este ministerio fusionouse con outro e foille asignado o cargo de Ministra de Asuntos Exteriores e Europeos. O 8 de marzo de 2008 converteuse en embaixadora de Croacia nos Estados Unidos.
De 2011 a 2014 foi a subsecretaria xeral de diplomacia pública na OTAN.[1]
Polémicas
[editar | editar a fonte]En 2010 produciuse un escándalo na embaixada croata nos Estados Unidos cando se descubriu que Jakov Kitarović, o marido de Kolinda Gravar, utilizaba un vehículo oficial para fins privados. Como contrapartida, en 2018 viaxou ó Mundial de Rusia pero non só pagando do seu propio peto a pasaxe e os gastos da viaxe, senón que se descontou do seu salario os días que pasou en Rusia.[2]
Presidencia
[editar | editar a fonte]Na primeira rolda das eleccións presidenciais do 21 de decembro de 2014 Kolinda Gravar-Kitarovic gañou 38,5% os votos, en segundo lugar figurou Ivo Josipović quen recibiu o 37,2 %, mentres que Senčić e Kujundžić, os dous candidatos seguintes, gañaron o 16,4% e o 6,3% dos votos respectivamente. Dado que ningún candidato obtivo máis do 50% dos votos, unha segunda volta estaba prevista entre os dous principais candidatos, Josipović e Gravar-Kitarović.
A segunda volta tivo lugar o 11 de xaneiro de 2015, ese día resultou Gravar-Kitarović electa polo 50,7% dos votos. O 19 de febreiro de 2015 asumiu como a primeira muller presidente de Croacia. Pertencía ao partido conservador Unión Democrática Croata, pero tivo que renunciar debido a que o cargo de presidenta non é compatíbel con cargos ou militancia nalgún partido.
Kolinda Gravar-Kitarovic co presidente polaco Andrzej Duda son os iniciadores e fundadores da Iniciativa Tres Mares.
En xaneiro de 2020 perdeu as eleccións presidenciais contra o candidato do Partido Socialdemócrata, Zoran Milanović.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kolinda Grabar-Kitarovic, Assistant Secretary General for Public Diplomacy". Sitio web de la OTAN.
- ↑ "Kolinda Grabar-Kitarovic, la fan más incondicional de Croacia".
- ↑ "Croacia tiene un nuevo presidente". La Vanguardia (en castelán). 7 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020.