Konstantinos Tsatsos (en grego, Κωνσταντίνος Τσάτσος), nado en Atenas o 1 de xullo de 1899 e finado en Atenas o 8 de outubro de 1987, foi un diplomático, intelectual, profesor de dereito e político grego. Foi presidente de Grecia entre 1975 e 1980.
Despois de se graduar na Facultade de Dereito da Universidade de Atenas, en 1918 ingresou ao corpo diplomático. Logo de completar os seus estudos doutorais (1924-1928) en Heidelberg, Alemaña regresou a Grecia onde exerceu como profesor de dereito (1933). En 1941 foi arrestado e deportado por se opoñer á ditadura de Ioannis Metaxas.
Durante a ocupación alemá de Grecia polas tropas alemás, participou na resistencia e logo trasladouse a Medio Oriente onde estaba asentado o goberno grego exiliado.
Logo da segunda guerra mundial, en 1945 retornou a Grecia e participou en política sendo ministro por primeira vez. En 1946, decidiu participar máis activamente da vida política do seu país, renunciou ao seu cargo na Universidade de Atenas e converteuse nun membro activo do Partido Liberal. Logo da formación da Unión Radical Nacional por Constantinos Karamanlís, en 1955 pasouse a este partido e converteuse nun dos colegas máis próximos de Karamanlis, aínda que aínda que, ideoloxicamente, el era un liberal de centro e non un conservador.
Foi integrante do parlamento e tivo varios cargos ministeriais ata a ditadura ocorrida entre 1967 e 1974. Baixo o primeiro exercicio do cargo de Primeiro Ministro de Karamanlis (1955-1963) serviu por varios anos como Ministro de Administración Pública.
Logo da restauración democrática en 1974 foi electo novamente como membro do parlamento e desempeñou o cargo de Ministro de Cultura.
En 1975, foi electo Presidente da República polo parlamento, retirándose logo de cumprir o termo de cinco anos.