Kosmos 1074
Aparencia
Kosmos 1074 | |
---|---|
Unha Soiuz T. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Data de lanzamento | 31 de xaneiro de 1979[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Probas en órbita.[2][5] |
Regreso | 1 de abril de 1979[1] |
NSSDC ID | 1979-008A |
Kosmos 1074 ou Cosmos 1074 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 31 de xaneiro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 1074 foi unha Soiuz modelo T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas con este novo modelo de nave, que reintroduciu os paneles solares e facía uso do sistema Igla para citas e acoplamentos espaciais, así como dun sistema de propulsión modernizado e controis dixitais. A Soiuz T recuperou tamén a capacidade para tres tripulantes. Kosmos 1074 regresou a terra o 1 de abril de 1979.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1074" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 1074" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 26 April 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-12308 (E)). 3 de maio de 1979: 2. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "The Salyut era: First space stations" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2024.