Kosmos 4
Kosmos 4 | |
---|---|
Tipo | Satélite de recoñecemento. |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 26 de abril de 1962, 10:02 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok-K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Duración da misión | 3 días[1][3] |
Obxectivo da misión | Medición da radiación procedente das probas nucleares norteamericanas do proxecto Starfish.[2] |
Decaemento | 29 de abril de 1962[1] |
NSSDC ID | 1962-014A |
Masa | 4600 kg[2][6] |
Kosmos 4 (Космос 4 en ruso), mencionado ocasionalmente como Sputnik 14 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 26 de abril de 1962 mediante un foguete Vostok-K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 4 foi o primeiro satélite de recoñecemento soviético en ser posto en órbita con éxito. Pertencía á serie de satélites Zenit-2.[3][6]
A misión do satélite foi medi-la radiación procedente das probas nucleares norteamericanas do proxecto Starfish e realizar probas de recoñecemento fotográfico mediante cámaras a bordo. O satélite estaba deseñado para regresar a terra e permitir a recuperación da película fotográfica.[2][6]
Misión
[editar | editar a fonte]Trala posta en órbita producíronse fugas nos tanques de oxíxeno usados para a orientación do satélite, o que produciu a decisión de facelo retornar prematuramente, tras tres días en órbita. Aínda que durante a maior parte do tempo o satélite foi incontrolable, o retorno e exame do material fotográfico serviu para determina-lo rendemento das cámaras de a bordo.[3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 4 (SPUTNIK 14)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Claude Lafleur (2011). "Kosmos 4" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 61. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 08 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Zenit-2 (11F61)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Zenit-2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.