Kotu
Aparencia
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Haʻapai (distrito), Tonga (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
O grupo Kotu, ou tamén grupo Lulunga, é un grupo de illas ao suroeste do grupo Ha'apai, entre o grupo Nomuka e o Lifuka, no reino de Tonga.
Son illas baixas e pequenas, de menos de 2 km², e tan só seis delas están habitadas. Administrativamente forman o distrito de Lulunga na división de Ha'apai. Aínda que o grupo recibe o nome da illa Kotu, a máis grande e poboada é Ha'afeva.
- Fonuaika (20°7′S 174°42′O / -20.117, -174.700) é a máis meridional do grupo, situada a 14 km ao norte de Nomuka.
- Tokulu é un banco de area de 1´5 m de altitude, situado a 8 km ao oeste de Fonuaika.
- 'O'ua (20°2′S 174°41′O / -20.033, -174.683) está a 7 km ao norte de Fonuaika. Ten unha poboación de 178 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´98 km².
- Nukulai está separada dos arrecifes de 'O'ua por unha canle de 600 m de ancho.
- Lekeleka (20°4′S 174°37′O / -20.067, -174.617) está a 6 km ao leste de 'O'ua.
- Tungua (20°1′S 175°46′O / -20.017, -175.767} se atopa a 6 km ao oeste de 'O'ua. Ten unha poboación de 282 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´53 km².
- Kito é unha illa pequena e boscosa situada a 2 km ao noroeste de Tungua.
- Foua (20°0′S 174°44′O / -20.000, -174.733) é unha illa pequena e rochosa de 9 m de altitude situada a 1´5 km ao nordés de Tungua.
- Kotu (19°57′S 174°48′O / -19.950, -174.800) é a illa máis occidental do grupo, a 6 km ao oeste de Tungua. A costa meridional é escarpada e ten 15 metros de alto, e a costa setentrional é baixa e areosa. Ten 222 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 0´34 m².
- Putuputua, a máis setentrional do grupo, é un banco de area de 3´7 m de altitude situado a 5 km ao nordés de Kotu.
- Ha'afeva (19°57′S 174°43′O / -19.950, -174.717) é a illa principal do grupo, situada a 7 km ao leste de Kotu. Ten unha poboación de 313 habitantes (censo de 1996) e unha superficie de 1´81 km².
- Matuku (19°57′30″S 174°45′0″O / -19.95833, -174.75000) é unha illa de 0´34 km² e unha població de 149 habitantes (censo de 1996) situada entre Ha'afeva e Kotu.
- Limu (20°1′S 174°27′O / -20.017, -174.450) é unha pqueña illa boscosa a 14 km ao leste de Lekaleka.
- Uanukuhihifu (19°58′S 174°30′O / -19.967, -174.500).
- Tofonga (19°57′S 174°28′O / -19.950, -174.467).