Kramer contra Kramer
Kramer contra Kramer | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kramer vs. Kramer |
Director | Robert Benton |
Produtor | Richard Fischoff Stanley R. Jaffe |
Guión | Robert Benton |
Baseado en | Kramer vs. Kramer de Avery Corman |
Intérpretes | Dustin Hoffman Meryl Streep Justin Henry Jane Alexander |
Música | Paul Gemignani Herb Harris John Kander Erma E. Levin Roy B. Yokelson Antonio Vivaldi |
Fotografía | Néstor Almendros |
Montaxe | Gerald B. Greenberg Ray Hubley Bill Pankow |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 19 de decembro de 1979 9 de abril de 2008 (TVG) |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $8 000 000[1] |
Recadación | $106 260 000 |
Na rede | |
Kramer contra Kramer (en inglés: Kramer vs. Kramer) é un filme estadounidense dirixido por Robert Benton en 1979. É unha adaptación de Robert Benton da novela Kramer vs. Kramer de Avery Corman. O filme conta a historia do divorcio dun matrimonio e o impacto que este ten no seu fillo. Recibiu cinco Premios Oscar na 52ª edición dos Oscar nas categorías de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor guión adaptado.
Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2008.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ted Kramer (Dustin Hoffman) é un home que antepón o seu traballo á súa familia. A súa esposa Joanna (Meryl Streep) non resiste máis esta situación e abandónao. Ted vese agora ante a necesidade de ocuparse da casa e, sobre todo, do seu pequeno fillo.
Logo dun tempo, cando Ted xa se desenvolve ben só, Joanna regresa e reclama a custodia do neno. Con todo, Ted non está disposto a separarse do seu fillo, de maneira que Joanna leva o asunto ante os tribunais, onde deberá decidirse quen dos dous obterá a custodia do fillo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Dustin Hoffman como Ted Kramer
- Meryl Streep como Joanna Kramer
- Justin Henry como Billy Kramer
- Jane Alexander como Margaret Phelps
- Petra King como Petie Phelps
- Melissa Morell como Kim Phelps
- Howard Duff como John Shaunessy
- George Coe como Jim O'Connor
- JoBeth Williams como Phyllis Bernard
- Howland Chamberlain como Xuíz Atkins
- Dan Tyra como Empregado do xulgado
Produción
[editar | editar a fonte]Antes de seleccionar a Dustin Hoffman, os produtores consideraran darlle o papel a Al Pacino. Ademais, Jane Fonda rexeitou o papel interpretado finalmente por Meryl Streep.
Dustin Hoffman axudou en gran xeito ó actor novel Justin Henry, analizando e comentando con el cada escena antes da súa rodaxe.
O decorado do apartamento montado no interior do estudo tivo as medidas exactas resultantes do exterior do edificio que aparece na película. O director de fotografía, Néstor Almendros, utilizou nos interiores luz cenital e nos exteriores a luz dispoñible para as tomas.
A versión inicial tivo unha duración de 43 minutos adicionais respecto da duración definitiva. Suprimíronse sobre todo escenas con Jane Alexander e con JoBeth Williams.
Premios
[editar | editar a fonte]Categoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañador | |
Mellor director | Robert Benton | Gañador |
Mellor actor | Dustin Hoffman | Gañador |
Mellor actriz | Meryl Streep | Gañador |
Mellor actor secundario | Justin Henry | Candidato |
Mellor actriz secundaria | Jane Alexander | Candidato |
Mellor guión adaptado | Robert Benton | Gañador |
Mellor fotografía | Néstor Almendros | Candidato |
Mellor montaxe | Gerald B. Greenberg | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oscarblogger: Kramer vs. Kramer. Consultado o 1 de abril de 2013
- ↑ "Kramer contra Kramer na TVG". Diario Siglo XXI. 7 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kramer contra Kramer na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)