Krom Ngoy
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 ![]() Angk Snuol District, Camboxa (en) ![]() ![]() |
Morte | 1936 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta ![]() |
Krom Ngoy (en khmer: ក្រមង៉ុយ) , nado en Andong Svay como Ouk Ou អ៊ុក អ៊ូ; en 1865 finado en 1936, foi un poeta e intérprete de kse diev[1]khmer. A súa fama chegou tamén a Tailandia, onde cantou para o rei tailandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha pequena aldea do concello de Kombol procedente dunha familia acomodada, seu pai era o xefe do concello e súa nai era filla dun xefe dun concello próximo. Estudou de mozo nun mosteiro budista e ordenouse como novizo budista. Na adolescencia deixou o mosteiro para axudar a seu pai e traballou tamén como recadador de impostos para o trono. En 1886 ordenouse monxe e practicou a vipassana (meditación) con varios mestres ata 1891 cando volveu á vida mundana traballando como secretario de seu pai e logo da morte deste na granxa familiar. Nas súas cancións e poemas trata da vida cotiá: o traballo no agro, a elección de esposa, a pobreza e as súas causas, a ignorancia, mais tamén do dominio dos estranxeiros sobre o pobo khmer, a perda da soberanía, e a decadencia da cultura e literatura khmer. Moitas veces os seus poemas beben das lendas e as tradicións populares
Cantou nunha audiencia para o rei Sisowath de Camboxa, quen lle deu o título de “Neak Preah Phee-rom Pheasa Ou” e o nomeou cantor da corte[2]. Non escribía os seus poemas senón as cantaba como cancións chapei pero por invitación da directora do Instituto Budista en Phnom Penh, Suzanne Karpeles, recolléronse por escrito os seus poemas mentres os ía recitando/cantando e máis tarde publicounos o propio Instituto, entre eses volumes salientan Chbab Laboek Thmey e Chbab Kekal Thmey, ámbolos dous saídos do prelo en 1922.