Kuch Kuch Hota Hai
Aparencia
Kuch Kuch Hota Hai | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | कुछ कुछ होता है |
Director | Karan Johar |
Produtor | Yash Johar |
Guión | Karan Johar |
Intérpretes | |
Música | Jatin–Lalit |
Fotografía | Santosh Thundiyil |
Montaxe | Sanjay Sankla |
Estudio | Dharma Productions |
Distribuidora | Yash Raj Films |
Estrea | 16 de outubro de 1998 |
Duración | 185 minutos[1] |
Orixe | India |
Xénero | Romance e musical |
Orzamento | 100 millóns de rupias[2] |
Recadación | 1,07 billóns de rupias[3] |
Na rede | |
Kuch Kuch Hota Hai, (en hindi: कुछ कुछ होता है) tamén coñecido como KKHH ou K2H2, é un filme indio de 1998 rodado en lingua hindi, escrito e dirixido por Karan Johar e producido baixo o selo Dharma Productions. Está protagonizada pola popular parella cinematográfica de Shah Rukh Khan e Kajol, xunto con Rani Mukerji e Salman Khan. Tamén presenta a Sana Saeed nun papel secundario. A trama combina dous triángulos amorosos separados por varios anos. A primeira metade trata sobre os amigos dun campus universitario, mentres que a segunda conta a historia dunha filla pequena dun viúvo que tenta reunir o seu pai coa súa vella mellor amiga.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shah Rukh Khan como Rahul Khanna
- Kajol como Anjali Sharma
- Rani Mukerji como Tina Malhotra
- Sana Saeed como Anjali Khanna
- Farida Jalal como Savita Devi
- Anupam Kher como Ravikant Malhotra
- Reema Lagoo como Ramnika Sharma
- Archana Puran Singh como Ms. Braganza
- Himani Shivpuri como Rifat Qazi
- Johnny Lever como Coronel Almeida
- Parzan Dastur como Jasdeep Singh
- Salman Khan como Aman Mehra (aparición especial)
- Neelam Kothari como Neelam Sharma (aparición especial)
- Nikkhil Advani no segmento de tertulias de Neelam (aparición especial)
- Manish Malhotra como estudante universitario sentado nas escaleiras da universidade cando Anjali Sharma usa roupa feminina (aparición especial)
- Farah Khan no programa de entrevistas de Neelam e sentada nas escaleiras da universidade cando Anjali leva roupa feminina (aparición especial)
- Geeta Kapoor na canción "Tujhe Yaad Na Meri Aayee" (aparición especial)
- Hiroo Johar como Profesor Madhavi Goenka, baixando as escaleiras da universidade cando Anjali leva roupa feminina (aparición especial)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kuch Kuch Hota Hai (1998) – British Board of Film Classification". Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2012.
- ↑ Aiyar, Shankkar; Unnithan, Sandeep (10 de xullo de 2000). "Bollywood goes global, powered by diaspora dollar". India Today. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Kuch Kuch Hota Hai Box office". Box Office India. 22 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2015.