Kuchipudi
Aparencia
Kuchipudi (కూచిపూడి en telugu) é unha danza clásica da India propia do estado de Andhra Pradesh, na India, aínda que tamén é popular nos estados meridionais do país. Ten orixe no século XVII.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Kuchipudi fai referencia á vila homónima no Divi Taluka do Distrito de Krishna, da cal toma o nome.
Características
[editar | editar a fonte]A danza adoita comezar con rituais teatrais, despois dos cales cada un dos personaxes aparece no escenario e se presenta a si mesmo cun dharavu (unha pequena composición musical e de baile). O baile acostuma acompañarse con música carnática, típica do sur do país. Xunto coa interpretación do cantante, tamén se toca o mridangam (un instrumento clásico de percursión do sur da India), o violín, a frauta e o tambura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kuchipudi |
A Galipedia ten un portal sobre: India |