Saltar ao contido

Kunzang Choden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKunzang Choden

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Bumthang, Bután (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Delhi
Universidade de Nebraska-Lincoln
Indraprastha College for Women (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Choden-2


Kunzang Choden, nada no distrito de Bumthang en 1952[1], é unha escritora de Bután. Foi a primeira muller do seu país en publicar unha novela en lingua inglesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de terratenentes feudais, aos nove anos foi estudar á India, onde aprendeu inglés.[2] Estudou Psicoloxía na Universidade de Delhi (Indraprastha College) e Socioloxía na Universidade de Nebraska-Lincoln. Traballou para o Programa de Desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas en Bután.

Casada cun home suízo, vive en Thimphu.[3]

En 2005 publicou a súa primeira novela, The Circle of Karma. Está ambientada na década de 1950, logo da independencia de Bután. A protagonista, traballadora na construción de estradas, debe loitar cos tradicionais e restritivos roles de xénero previos á independencia do país, así como aos novos tipos de sexismo do liberalismo comercial.[4]

  1. "Circle of Karma". Zubaan Books. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 05 de setembro de 2019. .
  2. Avijit Ghosh (3 de abril de 2005). "Coming full circle". The Telegraph (Kolkata). 
  3. "Kunzang Choden". Zubaan Books. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 05 de setembro de 2019. 
  4. Mathai, Anna Sujatha (17 de xullo de 2005). "Rooted in the soil and earth". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chaubey, Ajay K, et al. Women Writers of the South Asian Diaspora. Jaipur: Rawat, 2020