Saltar ao contido

Kwasi Sibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKwasi Sibo
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Wa, Ghana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGhana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
-2017 Cheetah F.C. (en) Traducir
2017-2018 FC Banants (pt) Traducir
2018-2019 Watford F.C.
2018-2019cesión Skënderbeu Korçë (pt) Traducir
2019-2021 Unión Deportiva Ibiza-Eivissa
2021-2022 Real Betis Balompié B 32
2022-2024 Sociedad Deportiva Amorebieta
2024- Real Oviedo Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSimon Zibo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Kwasi Sibo, nado en Wa o 24 de xaneiro de 1998, é un futbolista ghanés que xoga como centrocampista no Real Oviedo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Cheetah FC de Ghana antes de pasar polo Banants da Premier League armenia. En 2018 asinou polo Watford da Premier League inglesa.[1]

En xaneiro de 2019 fichou polo Skënderbeu Korçë da Superliga albanesa, cedido ata o final da tempada.[2] A tempada seguinte pasou un tempo adestrando co Udinese antes de marchar a España, onde se incorporou como cedido ao Ibiza, no que permaneceu dous anos.

En agosto de 2021 asinou co Real Betis, sendo destinado ao filial da Primeira División RFEF.[3]

En setembro de 2022 fichou polo Amorebieta, tamén de Primeira Federación.[4] Cun total de 36 partidos na súa pirmeira tempada, contribuíu ao ascenso do club a Segunda División, pero descendeu na seguinte.

O 4 de xullo de 2024 fichou polo Real Oviedo.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán menor do tamén futbolista Simon Zibo.

  1. "Watford FC sign Ghanaian youngster Kwasi Sibo on a long-term deal" (en inglés). 10 de agosto de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  2. "Kwasi Sabo nets consolation for KF Skenderbeu in defeat against KF Tirana" (en inglés). 23 de febreiro de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  3. "El Betis Deportivo incorpora a Kwasi Sibo" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  4. "Kwasi Sibo refuerza el centro del campo de los azules" (en castelán). 5 de setembro de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  5. "Kwasi Sibo, nuevo futbolista del Real Oviedo" (en castelán). 4 de xullo de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024.