Kyle XY
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Kyle XY | |
---|---|
Xénero | Ciencia ficción |
Creado por | Eric Bress J. Mackye Gruber |
Intérpretes | Matt Dallas Jaimie Alexander Marguerite MacIntyre Bruce Thomas April Matson Jean-Luc Bilodeau Chris Olivero Kirsten Prout Chelan Simmons Nicholas Lea Magda Apanowicz |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 43 |
Na rede | |
http://abcfamily.go.com/abcfamily/path/section_Shows+Kyle-XY/page_Detail | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kyle XY é unha serie de televisión estadounidense da cadea ABC Family, creada por Eric Bress e Mackye Gruber.
Nos Estados Unidos, a serie estreouse o 26 de xuño do 2006, cunha audiencia de 2,64 millóns de telespectadores, e finalizou o 16 de marzo de 2009. Tivo tres tempadas: a primeira con 10 episodios, a segunda con 23 episodios e a terceira con outros 10 capítulos. A serie non foi renovada.
En España, a cadea Cuatro compro os dereitos da serie e o 19 de setembro de 2007 emitiuse o primeiro capítulo. O 24 de outubro, estreouse a primeira parte da segunda tempada e, un ano despois, o 14 de decembro de 2008, a segunda parte da segunda tempada (etiquetada en España como terceira tempada). Os episodios da terceira tempada (coñecida en España como cuarta tempada) foron emitidos do 1 ao 15 de xullo de 2009.
Argumento
[editar | editar a fonte]Kyle (Matt Dallas) é un rapaz de 16 anos que desperta nun bosque nas aforas de Seattle, espido e envolto nunha viscosa substancia rosa. Actúa coma se acabase de nacer, non pode falar e descoñece o mundo no que acaba de desembarcar. É especial tamé porque por algunha razón descoñecida, non posúe embigo. Ademais, incluso antes de coñecer as cousas, dáse conta do que está ben e do que non, posúe unha capacidade de aprendizaxe e dedución moi superior ao normal e unha grande habilidade física.
Cando a policía o atopa, lévao a un centro de internamento de menores. Nel traballa Nicole Trager (Marguerite MacIntyre), unha psicóloga que nun afán de axudalo, decide levalo á súa casa en espera de que sexa reclamado. Ninguén o fai e decide, ademais de tratalo, apoialo en todo o posible e incluso que se quede a vivir coa súa familia. Pouco a pouco daranse conta de que Kyle non é un ser ordinario, e que ten capacidades sorprendentes. Xa no seu novo fogar, Kyle deberá aprender como se comporta o ser humano e deberá afrontar os problemas que se precipitan sobre el. A isto súmase un home que se mantén en segredo, vixiándoo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Matt Dallas - Kyle Trager
- Marguerite MacIntyre - Nicole Trager
- Bruce Thomas - Stephen Trager
- Jean-Luc Bilodeau - Josh Trager
- April Matson - Lori Trager
- Chris Olivero - Declan McDunaugh
- Kirsten Prout - Amanda Bloom
- Jaimie Alexander - Jessi Hollander (Tempadas: 2 e 3)
- Magda Apanowicz - Andromeda Summer Faith "Andy" Jensen (Tempadas: 2 e 3)
Recorrentes
[editar | editar a fonte]- Nicholas Lea - Tom Foss
- J. Eddie Peck - Adam Baylin
- Cory Monteith - Charlie Tanner
- Chelan Simmons - Hillary
- Kurt Max Runte - Detective Jason Breen (1ª Tempada)
- Teryl Rothery - Carol Bloom
- Sarah-Jane Redmond - Rebecca Thatcher
- Andrew Jackson - Cyrus Reynolds
- Bill Dow - Profesor William Kern
- Martin Cummins - Brian Taylor (2ª Tempada)
- Leah Cairns - Emily Hollander (2ª Tempada)
- Conrad Coates - Julian Ballantine (2ª Tempada)
Música
[editar | editar a fonte]Kyle XY: The Soundtrack | |
---|---|
Álbum de Varios artistas | |
Publicado | 22 de maio 2007 |
Xénero(s) | Alternative rock, Pop, pop rock |
Selo(s) | MySpace Records |
Na rede | |
http://abcfamily.go.com/abcfamily/path/section_Shows+Kyle-XY/page_Detail | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A banda sonora da primeira tempada de Kyle XY saíu á venda o 22 de maio de 2007 nos Estados Unidos. As cancións incluídas son:
- Hide Another Mistake - The 88.
- Nevermind the Phonecalls - Earlimart.
- Surround - In-Flight Safety.
- I'll Write the Song, You Sing - Irving.
- Wonderful Day - O.A.R..
- Bug Bear - Climber.
- Honestly - Cary Brothers.
- So Many Ways - Mates of State.
- Middle Of the Night - Sherwood.
- Alibis - Marianas Trench.
- It's Only Life - Kate Voegele.
- 3 A.M. - Sean Hayes.
- Born On the Cusp - American Analog Set.
- Will You Remember Me (Lori's Song) - April Matson.
O compositor Michael Suby é o autor dalgúns dos temas que aparecen repetidamente ao longo de toda a serie, como Welcome to the Family, aínda que estes non foron incluídos no álbum da banda sonora.
Canles de televisión que emiten a serie
[editar | editar a fonte]A serie foi producida e transmitida nos Estados Unidos pola canle ABC Family, os luns ás 8 da noite.
- Arxentina - SCI-FI
- Brasil - SCI-FI
- Bolivia - SCI-FI
- Chile - SCI-FI
- Colombia - SCI-FI
- Costa Rica - Teletica
- Cuba - Tele Rebelde
- Ecuador- SCI-FI y Teleamazonas
- O Salvador- SCI-FI
- España - Cuatro, SCI-FI, MTV e Disney Channel
- Guatemala - SCI-FI
- Honduras- SCI-FI
- México - SCI-FI, Once TV México e Canal 32 (Televisa Saltillo)
- Nicaragua - SCI-FI
- Panama - SCI-FI
- Paraguai- SCI-FI
- Perú - SCI-FI
- República Dominicana - SCI-FI.
- Uruguai - SCI-FI
- Venezuela - SCI-FI
- Italia - Italia 1, FOX
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da serie (en inglés)
- Páxina web oficial da serie en Cuatro (en castelán)
- Kyle XY Spain (en castelán)
- [1] (en inglés)