Kyra Kyralina
Aparencia
Kyra Kyralina Un Gorki dos Balcáns | |
---|---|
Título orixinal | Chira Chiralina |
Autor/a | Panait Istrati |
Orixe | Francia e Romanía |
Lingua | Lingua francesa |
Colección | Ciclio de Adrien Zograffi |
Xénero(s) | Novela |
Data de pub. | 1923 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galipedia ten un portal sobre: Romanía |
Kyra Kyralina ou Chira Chiralina é unha novela do autor romanés Panait Istrati publicada no 1923.[1] Foi publicada en galego por Irmás Cartoné.[2]
Publicación
[editar | editar a fonte]Kyra Kyralina foi escrita en francés, e traducida á lingua romanesa no 1924, nunha versión anónima.[1] A edición orixinal tiña por subtítulo "un Gorki dos Balcáns", e levaba un prefacio de Romain Rolland.[3] Con ela, Istrati comezou o seu ciclo de Adrien Zograffi.[4]
Trátase da primeira obra dun autor romanés en representar a homosexualidade, polo que Istrati chegou a ser tildado de "poeta miserento de cús desflorados".[5]
Adaptacións
[editar | editar a fonte]A novela foi adaptada ao cinema no 2014, nun filme romanés homónimo dirixido por Dan Pita.[6]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Kyra Kyralina (2022). Tradución directa do francés de Celia Recarey Rendo. Irmás Cartoné.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Chira Chiralina - Panait Istrati". TargulCartii.ro (en romanés). Consultado o 2024-02-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Kyra Kyralina, de Panait Istrati – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-02-24.
- ↑ Istrati, Panait (2021-06-28). Chira Chiralina - Editura Publisol (en romanés). Editura Publisol. ISBN 978-606-9739-71-6.
- ↑ "Association des Amis de Panaït Istrati". Institut Mémoires de l’édition contemporaine (en francés). Consultado o 2024-02-24.
- ↑ "Homosexualitatea în România: de la „Mandruli pederastu“, la corecţii fizice şi suicid de ruşine". adevarul.ro (en romanés). 2013-04-20. Consultado o 2024-02-24.
- ↑ Pita, Dan (2014-09-04). "Kyra Kyralina". Consultado o 2024-02-24.