L'insulte
L'insulte | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | قضية رقم ٢٣ |
Director | Ziad Doueiri |
Produtor | Rachid Bouchareb Jean Bréhat Julie Gayet Antoun Sehnaoui Nadia Turincev |
Guión | Ziad Doueiri Joelle Touma |
Intérpretes | Adel Karam Kamel El Basha |
Música | Éric Neveux |
Fotografía | Tommaso Fiorilli |
Montaxe | Dominique Marcombe |
Estudio | Ezekiel Films Tessalit Productions Rouge International |
Distribuidora | Diaphana Films (Francia) |
Estrea | Venecia: 31 de agosto de 2017 14 de setembro de 2017 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Líbano Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | $1 600 000[1][2] |
Na rede | |
https://www.en.rouge-international.com/movie/450/ | |
|
L'insulte (en árabe: قضية رقم ٢٣ translit. Qadiyya raqm 23, lit. 'Caso Nº 23') é un filme franco-libanés de 2017 dirixido por Ziad Doueiri e coescrito por Doueiri e Joelle Touma. Foi estreado na sección principal do Festival Internacional de Cine de Venecia.[3] En Venecia, Kamel El Basha gañou a Copa Volpi ó mellor actor.[4] Foi escollido como o candidato do Líbano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa,[5][6] sendo nomeado na 90ª edición dos premios.[7]
Argumento
[editar | editar a fonte]Unha discusión que xurdiu dun incidente trivial leva o cristián libanés Tony e o refuxiado palestino Yasser a intercambiar duras palabras despois de que Yasser intentase reparar un desaugadoiro no balcón de Tony. As consecuencias conducen á violencia, aos enfrontamentos ante a xustiza, que chega a converterse nun caso nacional que reabre vellas feridas a causa da guerra.
Cada un dos protagonistas viuse afectado por un evento histórico traumático na súa mocidade: o masacre de Damour no caso de Tony e o Setembro Negro en Xordania no caso de Yasser.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Adel Karam como Tony Hanna
- Kamel El Basha como Yasser Abdallah Salameh
- Rita Hayek como Shirine Hanna
- Camille Salameh como Wajdi Wehbe
- Diamand Bou Abboud como Nadine Wehbe
- Talal Jurdi como Talal
- Christine Choueiri como Manal Salameh
- Julia Kassar como Xuíza Colette Mansour
- Rifaat Torbey como Samir Geagea
- Carlos Chahine como Xuíz Chahine
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Mojo (ed.). "The Insult". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ The Numbers (ed.). "L’insulte". Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "Venice Competition Includes Films From George Clooney, Guillermo del Toro, Darren Aronofsky". Eldridge Industries, LLC. Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "Venice: Guillermo del Toro Wins Golden Lion for 'The Shape of Water'". Eldridge Industries, LLC. Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ Annahar, ed. (7 de setembro de 2017). "الـ"قضية رقم 23″ مرشحاً إلى الـ"أوسكار"... "يستحق أن يُسمّى لتمثيل لبنان"". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ Tartaglione, Nancy (11 de setembro de 2017). Deadline, ed. "‘The Insult’ Director Ziad Doueiri Detained In Lebanon After Venice Win". Consultado o 11 de setembro de 2017.
- ↑ BBC News, ed. (23 de xaneiro de 2018). "Oscars 2018: The list of nominees in full". Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L'insulte na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)