L'ultima legione
L'ultima legione | |
---|---|
Título orixinal | L'ultima legione |
Autor/a | Valerio Massimo Manfredi |
Orixe | Italia |
Lingua | italiano |
Xénero(s) | novela histórica |
Data de pub. | 2002 |
ISBN | ISBN 84-9793-340-0 |
[ editar datos en Wikidata ] |
L'ultima legione é unha novela histórica do escritor italiano Valerio Massimo Manfredi que foi publicada no 2002.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Anno Domini 476. O Imperio Romano está chegando á súa fin. Dividido en dúas partes e devastado polas invasións dos bárbaros, son xa poucos os territorios onde se mantén o dominio daquel Estado que gobernou o mundo durante tantos séculos. Rómulo Augústulo, con trece anos, é o emperador de Occidente tras sobrevivir á aniquilación da súa familia.[2]
O xeneral xermánico Wulfila faino prisioneiro e lévao á illa de Capri xunto co seu preceptor Ambrosino. Porén, non todos se renderon ás forzas bárbaras: Aurelio, un soldado da última lexión romana que fora atacada e case derrotada polos xermánicos, cumpre a derradeira vontade de Flavio Orestes (o pai de Rómulo) e parte na súa busca para rescatalo coa axuda dunha rapaza romana chamada Livia, que lle salva a vida cando é derrotado no seu primeiro intento de salvar ó neno.[1]
Adaptación ó cinema
[editar | editar a fonte]No 2007, o director Doug Lefler levou a historia ó cine baixo o título The Last Legion. Está protagonizada por Colin Firth, Thomas Sangster e Ben Kingsley. Valerio Massimo Manfredi axudou a adaptar a novela á gran pantalla, facendo tamén de consultor histórico. Nunha entrevista declarou que foron rodadas polo menos catro horas de película, pero que foi acurtada e moitas escenas foron eliminadas, como as da viaxe dos protagonistas a través dos Alpes e a Canle da Mancha.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cavallini, Eleonora. "The Chalybes from Scythia to Britannia: Interview with Valerio Massimo Manfredi about the novel/movie The Last Legion." PDF Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. mythimedia.org. Consultado o 1 de xaneiro de 2008.
- ↑ valeriomassimomanfredi.it (ed.). "L'ultima legione na páxina de Valerio Massimo Manfredi". Consultado o 27 de novembro de 2018.