Saltar ao contido

Léo Baptistão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLéo Baptistão
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Santos, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura1.85 m
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  RCD Espanyol
2011–2012 Rayo Vallecano B 17(4)
2012–2013   Rayo Vallecano 28(7)
2013–2014   Atlético de Madrid 5(0)
2014–2014 cesión   Real Betis Balompié 17(1)
2014–2015 cesión   Rayo Vallecano 25(7)
2015– cesión   Villarreal Club de Fútbol

Twitter: LeoBaptistao Instagram: leobaptistao UEFA: 250064061 Editar o valor en Wikidata


Leonardo Carrilho Baptistão, coñecido como Léo Baptistão, nado en Santos o 26 de agosto de 1992, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro ou extremo no Almería, da Segunda División.

Desenvolveu a maior parte da súa carreira en España, disputando 238 partidos na Primeira División, na que anotou 43 goles. Vestiu as camisetas do Rayo Vallecano, o Betis, o Villarreal, o Espanyol, o Almería e o Atlético de Madrid, conquistando con este último o campionato de liga na tempada 2013/14. Tamén xogou brevemente no Santos, do Campeonato Brasileiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Santos, formouse como futbolista na canteira do Portuguesa, coincidindo con Neymar. Con só 16 anos trasladouse a España e ingresou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano. O 25 de agosto de 2012 debutou co primeiro equipo na Primeira división, nunha vitoria por 2-1 sobre o Betis, na que marcou un gol e deu unha asistencia. Axiña se fixo coa titularidade ás ordes de Paco Jémez, disputando 48 partidos en ano e medio, anotando 11 goles.

Atlético de Madrid

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013 asinou un contrato de cinco anos co Atlético de Madrid. Debutou co seu novo equipo o 21 de agosto, substituíndo a Arda Turan ante o FC Barcelona no partido de ida da Supercopa de España, que finalmente perdeu pola regra do gol en campo contrario.

Fixo o seu primeiro gol co Atlético o 18 de setembro de 2013, na vitoria por 3-1 ante o Zenit San Petersburgo na Liga de Campións, no que era o seu debut na máxima competición europea.[1]

En xaneiro de 2014 foi cedido ata o final da tempada ao Betis. Marcou un gol na vitoria por 2-0 contra o máximo rival do Betis, o Sevilla, no choque de oitavos de final da UEFA Europa League, pero a eliminatoria acabou coa eliminación na quenda de penaltis.

Na tempada 2014/15 xogou cedido no Rayo Vallecano, e na seguinte no Villarreal. O 9 de xullo de 2016 asinou por cinco anos co Espanyol. Na súa segunda tempada marcou nove goles, o mellor rexistro da súa carreira.[2]

O 31 de xaneiro de 2019 foi transferido ao Wuhan Zall FC da Superliga chinesa. O 21 de agosto de 2021 fichou polo Santos, regresando así ao fútbol do seu país e da súa cidade despois de 13 anos fóra. Debutou o 4 de setembro, nunha derrota por 2-1 ante o Cuiabá, e rematou a tempada con só oito partidos debido a unha lesión.[3]

O 10 de agosto de 2022 anunciouse o seu traspaso á UD Almería.[4]

  1. "Atlético back with a win at Zenit's expense" (en inglés). 18 de setembro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2024. 
  2. "Leo Baptistao logra su mejor registro goleador en Primera División" (en castelán). 18 de maio de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2024. 
  3. "Choro em bar e vergonha de sair: a dor de Baptistão até se firmar no Santos" (en portugués). 21 de xuño de 2022. Consultado o 19 de novembro de 2024. 
  4. "ntos FC acerta venda de Léo Baptistão para o Almería, da Espa" (en portugués). 10 de agosto de 2022. Consultado o 19 de novembro de 2024.