Saltar ao contido

López (apelido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. López é o apelido máis común na provincia de Lugo.

López[1] é un apelido galego. A súa orixe é patronímica e deriva do nome Lope.[2] Segundo datos do INE de 2016, é o quinto apelido máis estendido en España, logo de García, Fernández, González e Rodríguez. 871 146 persoas lévano como primeiro apelido, o que equivale ao 1,87% da poboación empadroada en España.[3]

En xaneiro de 2023 existían 150.414 persoas en Galicia co apelido López, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Os apelidos patronímicos están moi difundidos e son aqueles que xurdiron dun nome propio. Durante a Idade Media en varios reinos da península Ibérica empregábase a desinencia patronímica -ez. O apelido López é un exemplo claro disto: do nome común Lope deriva López. Lope, á súa vez, provén do latín lupus ("lobo").

Ao apelido atribuíuselle o significado de "gobernador" porque a súa orixe é romana, mais os estudos históricos concluíron que o patronímico de Lope unido co sufixo "ez" significa "fillo de lobos".[5]

Hai distintas teorías sobre a súa posible orixe. Nunha delas sinálase que en tempos da conquista romana chegou á península unha familia chamada Lupos, de orixe patricia. De devandita familia procedía a raíña Lupa, ou Loba, residente en Galicia, onde xurdiu o apelido que despois pasou a Andalucía. Deste xeito é bastante probable que o apelido fose de orixe galega, que logo se espallou pola península Ibérica.[6][5]

Na batalla das Navas de Tolosa de 1212 tense constancia da presenza de numerosos cabaleiros López, así como na batalla do Salado de 1340, na conquista de Lorca, Córdoba, Antequera e outras cidades. Por iso é posible que, logo de participar en accións bélicas por aquelas terras, o apelido se estendese por todo o sur da península Ibérica.

A posterior colonización do continente americano, levou á súa difusión por toda Hispanoamérica.

  1. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2024). "López". Guía de apelidos galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/apelidos>. Consultado o 30 de xaneiro de 2025. 
  2. Heráldica valenciana: López
  3. "INEbase / Demografía y población / Análisis y estudios demográficos" (PDF). INE. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  4. Apelido López na web do Instituto Galego de Estatística.
  5. 5,0 5,1 "Cuál es el origen de tu apellido: López". Infobae. 12 de novembro de 2021. Consultado o 22 de abril de 2024. 
  6. "Significado y origen del apellido López". unComo. 12 de marzo de 2019. Consultado o 22 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]